Home O Morrazo Marín A aprobación definitiva do Plan de Sostibilidade Turística garante unha inversión de...

A aprobación definitiva do Plan de Sostibilidade Turística garante unha inversión de 2 millóns de euros para os próximos anos

- Anuncio -

A alcaldesa, María Ramallo, confirmou esta mañá que xa se oficializou o convenio que rexe este plan, financiado con fondos Next Generation, e que englobará, entre outros proxectos, unha intervención de mellora no Viario de Praias ou a restauración ambiental do Lago Castiñeiras.

Marín poderá desenvolver todo o seu potencial turístico nos próximos anos grazas ao Plan de Sostibilidade Turística, unha proposta que o Goberno local traballou con eixes de actuación centrados no turismo verde, de calidade e respectuoso co medio, que acadou unha financiación de 2 millóns de euros.

A alcaldesa, María Ramallo, anunciou esta mañá que xa se firmou de xeito oficial o convenio que rexe a financiación deste convenio, dotado cos fondos europeos Next Generation, e que “de novo demostra que desde Marín somos capaces de concurrir a convocatorias públicas de fondos de financiación, porque temosproxectos sólidos, madurados e unha estratexia de mellora do noso municipio en todas as vertentes, neste caso no que respecta ao turismo”.

Os eixos programáticos sobre os que pivotará o Plan de Sostibilidade Turística de Marín son catro: transición verde e ecolóxica, mellora da eficiencia enerxética, transició dixital e competitividade.

Un Marín máis verde e ecolóxico

Dentro do primeiro, entrarán proxectos tan relevantes como a restauración ambiental do Lago Castiñeiras, a creación dunha estación BTT e dun sistema de préstamo de bicicletas e patíns eléctricos e a creación dunha rede de sendeiros naturais. Esta liña programática contará cunha dotación de 355.217 euros.

Un Marín máis eficiente
No que respecta á mellora da eficiencia enerxética, plantéxase a renovación do alumeado nas praias e nos espacios de ocio e parques, para substituir as antigas luminarias por novos puntos de luz con tecnoloxía LED, o que permitirá afondar no aforro enerxético.
Ademais, incluirase a renovación de toda a senda peonil e ciclable ao longo do Viario, para fomentar os traslados ata os areais a pé ou en bicicleta, evitando o tráfico e reducindo as emisións de CO2 á atmosfera. En total, a esta liña destinaranse 821.739 euros.

Un Marín máis dixital
A transición dixital no eido do turismo local será unha das asignaturas que se resolverán co Plan de Sostibilidade Turísica, co impulso dun centro de recepción de visitantes que incorpore as novas tecnoloxías, así como co impulso da presenza dixital nas canles sociais do Turismo de Marín e coa aposta pola creción de sinalización turística dixital.

En total, destinarase a esta liña unha inversión de 275.219 euros.

Un Marín máis competitivo
Aínda que Marín conta con moitos atractivos que a fan ser unha escolla decidida para moitos turistas, o obxectivo é seguir aproveitando e mellorando o uso do noso espazo natural, o noso gran patrimonio inmaterial, para crear experiencias turísticas únicas.

Nese obxectivo enmárcase a creación das piscinas naturais no borde litoral da Praza de España, que conseguirán crear un espazo apto para o baño entre a parcela na que se ubicará o Centro Socio Cultural e o Paseo Alcalde Blanco. A súa realización, que contará con varias fontes de financiamento, cubrirá unha partida do plan de 400.000 euros.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas