Home Deputacións Deputación Pontevedra A Área de Vigo gañará 44.000 m2 de espazo público para as...

A Área de Vigo gañará 44.000 m2 de espazo público para as persoas unha vez executados os proxectos subvencionados pola Rede Ágora

- Anuncio -

Redondela, Soutomaior, Pazos, Porriño e Mos teñen en carteira 30 actuacións que suporán un investimento de 11 M€

Os concellos da área de Vigo gañarán preto de 44.000 metros cadrados de espazo público para as persoas unha vez se executen todos os proxectos subvencionados con axudas da Rede Ágora do departamento de Mobilidade e Espazo Público da Deputación. Este dato foi divulgado hoxe polo deputado Uxío Benítez tras desagregar o informe xeral presentado esta semana no acto de celebración de ‘Tres anos de Rede Ágora’ que se celebrou no Pazo Provincial e revelou que na provincia o número total de metros gañados para a veciñanza ascenderá a 340.000.

Na “conta de resultados” destacada o martes púxose de manifesto que grazas aos proxectos Ágora transformaranse a cantidade total de 620.000 metros cadrados de espazos público, o que supón multiplicar por cinco o espazo público existente gañándollo aos vehículos. Na provincia poranse en marcha 206 proxectos grazas a 5,8 millóns de euros de axudas Ágora sumadas ás do Plan Concellos, ReacPon, ou PON2023 (entre outras), que chegarán a un investimento global de 9,4 millóns de euros.

No caso particular da área de Vigo, os números son moi positivos: transformaranse 73.602 metros cadrados, que pasarán de dispoñer dun espazo peonil previo de 9.236 metros cadrados a 52.829 m2, o que supón un incremento de 43.893 metros. Esta renovación e recuperación do espazo urbano implicará un investimento de máis de 11 millóns de euros. O número de proxectos en carteira é de 30, estando aprobados na primeira convocatoria de axudas Ágora tres, trece na segunda e catorce na terceira e última, este mesmo ano.

Como xa se avanzara, a liña de axudas da Rede Ágora concedeu fondos na área de Vigo ao Concello de Redondela, que se incorporou á Rede Ágora nos últimos meses, para o proxecto de creación dunha área de espazo público na contorna do CEIP Porto Cabeiro, para o proxecto de recuperación de espazo amable no centro de servizos de Cedeira e para a contorna do Torreiro do Vigo. Na terceira convocatoria Redondela solicitou axudas para seis proxectos: reurbanización da rúa Prego de Montaos, camiño escolar de subida a Portocabeiro, recuperación da contorna da Igrexa de Tramaño, reurbanización da rúa Muro, creación dun espazo peonil na contorna da igrexa de Ventosela e a reurbanización da rúa das Cardosas, a rúa Salgueiral e a súa continuación pola avenida.

O Concello de Pazos de Borbén recibiu na primeira convocatoria subvención para o proxecto de recuperación e acondicionamento da contorna da igrexa e campo da feira en Moscoso e a humanización da praza Civadevila. Na segunda quenda, a axuda foi para os proxectos de reforma da contorna de Santiago de Cuartos, a creación dunha área de prioridade peonil conectando as prazas do núcleo de Amoedo, a reforma da contorna da Capela do Carmen de Alvite en Nespereira, a Reforma da Contorna da Igrexa de San Pedro de Cepeda e a Reforma da contrna de Santa María de Pazos. Na terceira a axuda irá destinada á reforma da contorna do campo da feira de Moscoso.

Na primeira convocatoria ao Concello de Soutomaior para a humanización da praza Civadevila e a Rúa Rosalía de Castro en Arcade e na última, a terceira, para o proxecto da segunda fase da humanización da rúa do Peirao.

No Porriño, o Concello recibiu unha subvención para a humanización da rúa Manuel Rodríguez na primeira convocatoria. Na segunda a axuda foi para cinco proxectos: o acondicionamento do viario paralelo á vía férrea nas proximidades do paseo do Louro, a humanización da rúa Antonio Palacios (treito rúa Cruceiro-colexio), a humanización da Rúa San Sebastián, das rúas Tarela e Navuxil, e da rúa Parque infantil no treito rúa Salgueira-Avenida Domingo Bueno. Na última convocatoria as subvencións van destinadas aos proxectos de acondicionamento da senda peonil en Centeáns (Pontellas), ao acceso peonil ás paradas do bus na zona de polígonos, á humanización da rúa Navuxil e a primeira e segunda travesía de Antonio Palacios, e a dotación de beirarrúa (fase I) A Mota –Torneiros.

No caso do Concello de Mos, adherido á rede apenas hai unhas semanas, a subvención da terceira convocatoria de Axudas Ágora será para a mellora da contorna da igrexa de Sanquiñeda, no barrio de Piñeiro.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas