HomeO MorrazoMarínA Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés manterá a actividade asistencial...

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés manterá a actividade asistencial no Centro de Saúde de Seixo en Marín

- Anuncio -spot_img

A Administración Sanitaria Pública galega asegura a continuidade do centro de Atención Primaria desta parroquia Marinense ante a previsión de xubilación dun dos seus facultativos de Medicina Familiar e Comunitaria

A Área sanitaria de Pontevedra e O Salnes manterá a actividade asistencial no centro de saúde de Seixo, en Marín, segundo quedou patente nun encontro mantido onte entre a Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, o Concello de Marín, os profesionais médicos do centro e representantes veciñais desta localidade.

A Administración Sanitaria Pública galega asegura, deste xeito, a continuidade asistencial no centro de Atención Primaria desta parroquia Marinense ante a previsión de xubilación dun dos seus facultativos de Medicina Familiar e Comunitaria. Durante o encontro de onte sinalouse que este centro de saúde dispón de dúas prazas de Medicina Familiar e Comunitaria que non se contempla amortizar e que seguirán prestando servizo asistencial.

Non obstante, dada a actual escaseza de profesionais substitutos para cubrir dita vindeira xubilación, o Servizo Galego de Saúde comprometeuse a buscar alternativas administrativas que poidan cubrir dita ausencia mentres non se pode efectuar a cobertura con estabilidade.

A reunión mantida en Seixo tamén analizou xunto cos representantes veciñais esta circunstancia, que se engade á chegada do período estival, momento no que os profesionais aproveitan para tomar os seus períodos vacacionais, polo que a planificación de coberturas complícase durante o verán posto que, ademáis da escaseza de médicos de familia, nesta etapa descende por vacacións o cadro de efctivos que se reduce nun 25 por cento.

Publicacións Relacionadas