HomePontevedraA LamaA Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés continúa o vindeiro luns no...

A Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés continúa o vindeiro luns no Centro de Saúde de A Lama a detección da Covid 19 con novos cribados con tes rápidos de antíxenos

- Anuncio -spot_img

A partires das 15:30 horas convocaráse gradualmente e vía SMS telefónico a arredor de 450 persoas de 15 a 40 anos deste Concello, no que se contará con dous equipos de enfermaría que efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das mostras e información aos usuarios

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa este vindeiro luns pola tarde no Concello de A Lama con novos cribados poboacionais con test rápidos de antíxenos, cara a detectar o maior número posible de portadores asintomáticos, o que permitirá reducir a cifra de contaxios de COVID 19 nesta localidade.

Este cribado voluntario terá lugar no centro de saúde deste Concello durante a tarde do vindeiro luns, 8 de febreiro de 2021, a partires das 15:30 horas. Á dita iniciativa preventiva a Administración Sanitaria Pública galega vai convocar gradualmente e vía SMS telefónico, á poboación de A Lama dentre 15 e 40 anos de idade, colectivo que nesta localidade acada a arredor das 450 persoas.

Dous equipos de enfermaría
Para levar a cabo este cribado, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés contará no centro de saúde de A Lama con dous equipos de enfermaría, que efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das tomas de mostras e información aos usuarios.

Os resultados negativos destes cribados serán comunicados por SMS, mentres que os positivos notificaránse contactando directamente vía telefónica con cada persoa.

Publicacións Relacionadas