A asemblea local do BNG da Estrada reunida o pasado sábado 15 de outubro elixiu por unanimidade a Xoán Reices Villar como candidato da organización nacionalista ás eleccións municipais de maio de 2023.
Xoán Reices Villar é natural de Couso, ten 31 anos, estudou psicoloxía e traballa en Cambados nunha oficina técnica. Participou en diversos proxectos das artes escénicas, entre elas como actor protagonista da película “Eles transportan a morte”, proxectada nos festivais de Venecia e Donosti, onde acadou diversos premios. Forma pare do grupo musical “Noxo” e colabora con outros grupos musicais, entre eles “Os John Deeres”, que participou no Festigal en Santiago de Compostela, o pasado 25 de xullo.
O vindeiro sábado 22 daremos unha rolda de prensa onde daremos máis detalles da candidatura. Como sempre facemos, enviaremos puntualmente a convocatoria a todos os medios de comunicación da localidade, dando conta da hora e lugar.



