O Concello de Covelo informa de que a Asoc. de Veciños S. Bartolomé de A Lamosa vén de abrir ao público o seu tradicional Belén, elaborado de maneira colaborativa pola veciñanza da parroquia. A exposición poderá visitarse desde o 6 de decembro ata o 6 de xaneiro de 2026 na Casa Cultural da Lamosa.
O Belén, froito do traballo conxunto de veciños e veciñas, destaca pola súa creatividade, polos seus detalles artesanais e polo coidado posta en escena, converténdose nun dos elementos máis da programación navideña da zona.
O horario de visita será os sábados, domingos e festivos, pola mañá de 11:30 a 13:30 horas e polas tardes de 17:00 a 19:00 horas.
Ademais, a Casa Cultural acollerá tamén un mercadillo de Nadal con traballos artesáns e pezas de decoración elaboradas pola propia comunidade, unha oportunidade perfecta para gozar do espírito destas festas e apoiar o talento local.
Desde o Concello de Covelo e desde a Asoc. de Veciños S. Bartolomé de A Lamosa animamos a toda a poboación a achegarse, visitar o Belén e participar deste espazo de encontro, tradición e creatividade compartida.



