HomePontevedraA LamaA Asociación Cultural de Forzáns fai entrega de dúas toneladas de alimentos...

A Asociación Cultural de Forzáns fai entrega de dúas toneladas de alimentos ao comedor socical de San Francisco en Pontevedra destro da súa operación quilo

- Anuncio -spot_img

Os veciños e veciñas desta parroquia pontecaldelá non faltan á súa cita anual cos máis desfavorecidos con donativos recollidos tamén entre socios de Fornelos de Montes e A Lama

Socios da Asociación Cultural O Torreiro de Forzáns fixeron entrega, esta mañá, ao comedor social de San Francisco de Pontevedra de dúas toneladas de alimentos como acto de solidariedade realizado polos veciños desta parroquia de Ponte Caldelas así como doutras colindantes pertencentes aos concellos de Fornelos de Montes e A Lama dentro da súa tradicional campaña anual de Operación Quilo que se leva facendo desde hai máis de 15 anos.

Os veciños e veciñas de Forzáns non quixeron faltar á súa cita anual coa solidariedade dos máis necesitados e apuraron estes últimos días para artellar este envío que tivo como principal acto de recollida un recital ofrecido por Cándido Picanzo, o pasado sábado 29 de abril, en homenaxe a Portugal. O público aproveitou a súa asistencia para depositar os alimentos non perecedoiros que agora se entregaron no Comedor Social de San Francisco, en Pontevedra, ao seu responsable Frai José e a unha das colaboradoras chamada Sagrario.

O presidente da Asociación Cultural O Torreiro de Forzáns, Antón Xil, agradeceu o traballo social que desempeña a comunidade franciscana e tivo palabras de lembranza para o antigo prior do convento, Gonzalo Diéguez, falecido o pasado 8 de marzo, persoa moi entrañable que sempre tiña palabras de agradecemento e ánimo para os socios da Cultural de Forzáns polo seu labor solidario.

Este ano a solidariedade recadada pola Asociación Cultural de Forzáns traduciuse en alimentos non perecedoiros como lentellas, garavanzos, pasta, galletas, cereais, leite, cacao, café, pan torrado, azucre, fariña, arroz, conservas, aceite de oliva e xirasol, etc.

Publicacións Relacionadas