Home Pontevedra Caldas A Asociación Cultural Xosefina Figueroa Barros, de Romai, celebra o seu 50º...

A Asociación Cultural Xosefina Figueroa Barros, de Romai, celebra o seu 50º aaniversario lembrando a súa historia e homenaxeado a Elixio Mandayo, primeiro alcalde de Portas na Democracia

- Anuncio -

Os actos terán lugar o vindeiro domingo 25 de agosto ás 19 horas no Centro Cultural Teleclub de Romai

A Asociación Cultural Xosefina Figueroa Barros, de Romai, celebra o seu 50º aniversario, o vindeiro domingo 25 agosto a partir das 19 horas, no Centro Cultural Teleclub de Romai cunha serie de actos entre os que destaca un relatorio histórico dos feitos máis senlleiros desta entidade desde a súa fundación e unha homenaxe a Elixio Mandayo Carballo, “Lucho Mandayo”, ex presidente e cofundador desta institución.

Este acto conmemorativo estará aberto á participación de todas aquelas persoas que desexen unirse a esta celebración tan especial para esta asociación que cumpre as súas vodas de ouro de servizo á cultura e á comunidade.

O evento comezará cun relato da historia da asociación, destacando os fitos máis importantes que marcaron o seu desenvolvemento desde a súa fundación en 1974. A continuación, renderase unha homenaxe a Elixio Mandayo Carballo, en recoñecemento ao seu labor e dedicación, xa que foi ex presidente da entidade e co fundador da mesma ademais de ser o primeiro alcalde de Portas na democracia.

A Asociación Cultural Xosefina Figueroa Barros toma do seu nome desta mestra que naceu no ano 1903 en Viascón (Cerdedo-Cotobade) e tras exercer no concello das Neves foi trasladada a Romai no ano 1944 desenvolvendo unha traxectoria profesional e persoal que deixou unha impronta de xenerosidade e altruismo en diversas xeracións de alumnos que pasaron pola súa escola.

Precisamente esta escola reconvertida en local sociocultural foi obxecto dunha restauración integral levada a cabo e sufragada economicamente polas netas de Xosefina Figueroa Barros en outubro do ano 2022 como xeito de honrar a figura e a memoria da súa avoa.

A xornada seguirá cunha actuación do Grupo Folclórico Os Gatiños de Portonovo, que achegará un toque tradicional e festivo co seu repertorio de música e danzas galegas. 

Como peche, todos os asistentes poderán gozar dunha degustación de petiscos, nun ambiente distendido e familiar que reflicte o espírito acolledor desta comunidade.

Data: 25 de agosto de 2024  

Hora: 19:00 h  

Lugar: Centro Cultural Teleclub de Romai

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas