- Haberá obradoiros o sábado 8 e unha exposición durante gran parte do mes
 
A Guarda, 3 de novembro de 2025- Con motivo do Día da Infancia o día 20 de novembro, a Asociación Cultural das Alfombras da Guarda, organiza durante este mes dúas iniciativas diferentes.
Este venres ás 17h na Praza do Reló inaugúrase a exposición “Sementes de cores”, recoñecendo e facendo visible o traballo da rapazada na elaboración das alfombras florais e fomentar o relevo xeracional. A exposición estará ata o día 27 de novembro.
O sábado 8 haberá diferentes actividades infantís en horario de 11 a 13h e de 15:30 a 17:30h na Praza do Reló. Os obradoiros son: a gynkana “Flores que deixan pegada”, a flor dos desexos, crea a túa alfombra e un obradoiro de chapas.
En caso de choiva, as actividades trasladaranse á aula multiusos da Casa dos Alonso.
Con estas actividades a Asociación quere homenaxear a colaboración incondicional dos nenos e nenas da Guarda durante xeracións na elaboración das alfombras florais.
        


