Home Pontevedra A Asociación de Empresarios de Redondela e o concello de Redondela colaboran...

A Asociación de Empresarios de Redondela e o concello de Redondela colaboran na posta en marcha dunha singular campaña con motivo da conmemoración do Día de Rosalía

- Anuncio -

UNHA RECEITA DE COCIÑA NOS VERSOS DE ROSALÍA QUE BUSCAREMOS REINTERPRETAR PARA FACER UN CHAMENTO A CELEBRAR O DÍA DE ROSALÍA NA HOSTALARÍA.

As accións previstas promoven a participación de librarías e hostaleiros.

No caso das librarías dáse continuidade a unha campaña de promoción das vendas dos libros en lingua galega, onde as compras de libros galegos realizadas o día 23 terán non so un desconto senón que tamén se agasallará cunha flor, para realzar o simbolismo de apoio a literatura e cultura galega.

A gran novidade neste ano 2023 ven da man do sector hostaleiro a quen se propón sumarse a campaña ven celebrar o “Día de Rosalía na Hostalaría”. Os hostaleiros que se sumen a campaña preparan as súas versións do singular CALDO DA GLORIA que se recolle nos versos de Rosalía, para sorprender ao cliente con este tradicional sabor da nosa terra. Os hostaleiros participantes beneficiaranse dun conxunto de accións de difusión entre as que destaca a gravación dun vídeo promocional en cada local.

Os establecementos que queiran participar pódense dirixir ao Concello de Redondela (SNL) ou enviar un correo a normalizacion@redondela.gal ou a Asociación de Empresarios de Redondela (telf. Ou whatsaap 658592332).

Relacionadas

Luis López destaca a aposta da Deputación pola mocidade e o apoio aos concellos...

0
O presidente da Deputación, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, presenta o programa pioneiro “O teu espazo xuvenil” nun acto con alcaldes, concelleiros...

O Concello de Tui destina 10.000€ para as e os deportistas tudenses que participen...

0
O prazo de solicitude está aberto até o 15 de outubro Até o 15 de outubro está aberto o prazo para solicitar as bolsas a...

O Concello convocará 300 prazas para os campamentos de conciliación deste verán

0
O prazo para a inscrición abrirá o 2 de maio e serán entre xullo e agosto, no Sequelo, na Casa de Cultura de Mogor...

Luis López recibe no Pazo Provincial ao alumnado de terceiro e cuarto de Primaria...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este luns aos alumnos e alumnas de terceira e cuarto de Educación Primaria do CEIP...

O crítico literario e investigador Armando Requeixo estará en Mondariz para afondar na figura...

0
O Concello de Mondariz recibirá ao crítico literario, investigador en Humanidades e profesor Armando Requeixo este venres día 26 no marco do programa “Abril...

A Deputación de Pontevedra envía ao Concello de Vigo o convenio que compromete preto...

0
O presidente Luis López informou hoxe que a institución provincial “está lista para asinar canto antes o convenio de colaboración e escenificar o entendemento...

Publicacións Relacionadas