Con motivo da celebración o vindeiro 8 de MARZO do Día Internacional da Muller a Asociación de Empresarios de Redondela pon en marcha durante o mes de marzo unha serie de iniciativas para por en valor o papel da muller na empresa e na sociedade en xeral que culminará o vindeiro 30 de marzo cun encontro de mulleres empresarias e emprendedoras.
A campaña pretende divulgar iniciativas empresariais lideradas, promovidas ou nas que participen de forma activa mulleres e fomentar o networking entre empresas de calquera procedencia que redunde no desenvolvemento dos seus proxectos empresariais.
As accións previstas comprenden: EXPOSICIÓN O MAR TAMÉN TEN MULLERES. Esta será a primeira das accións prevista. O venres día 3 de marzo inaugúrase na Praza de Abastos de Redondela a exposición “O mar tamén ten mulleres” , trátase dunha exposición fotográfica itinerante posta en marcha polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo – A Guarda, da que a Asociación de empresarios de Redondela forma parte, para visibilizar o traballo das mulleres galegas que dedicaron a súa vida ás tarefas do mar.
O GALP7 é unha entidade que colabora coa Consellería do Mar para a xestión das axudas do Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura.
A mostra recolle a historia das mariscadoras, redeiras, percebeiras, peixeiras, traballadoras da salga e da conserva, bateeiras e de todas as mulleres do mar. Todas elas foron protagonistas do seu tempo e agora sono tamén desta mostra, que recupera as sabenzas de mulleres anónimas para poñer en valor o seu traballo e renderlles homenaxe ao rescatar capítulos preciosos da nosa historia.
A presentación da exposición terá lugar o venres 3 de marzo ás 12:00 na Praza de abastos de Redondela. Poderase gozar dela durante todo o mes de marzo.
Nesta presentación participaron:
- María Castro Abad e Iria Vilaboa Álvarez, concelleiras de Redondela
- Encarnación López, representante da Confraría de pescadores “San Juan” de Redondela e membro de Amarturmar
- Julia Alonso Gómez, xerente da asociación de empresarios de Redondela
- Elena Herbello Puentes, xerente do GALP Ría de Vigo – A Guarda CAMPAÑA DE DIVULGACIÓN
- DIXITAL DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS E COMERCIAIS LIDERADAS POR MULLERES.
Na que poderá participar calquera asociada. Trátase da creación de contido en web e Redes Sociais, no que se contará brevemente o proxecto empresarias, algún dato destacado do proxecto ou algunha cita da persoa participante que vai en consonancia co obxectivo da campaña. - ENCONTRO DE MULLERES EMPRESARIAS E EMPREDEDORAS
- Esta será a última actividade prevista e terá lugar o 30 de marzo.
- A xornada estará estruturada en dúas partes, na primeira contaremos cunha ponente experta en marketing que baixo o título “como potenciar o teu negocio en 50 minutos” e a segunda parte será unha explosión de Networking tamén aberto a empresas de calquera procedencia e coas que traballaremos de forma sectorial e intersectorial nas distintas metodoloxías de networking que se desenvolverán en aproximadamente 2 horas.
- A participación é aberta de xeito que nos podermos inscribir a calquera parte da actividade ou a todos en función da nosa dispoñibilidade.
- Animamos, especialmente a todas a emprendedoras que teñen algún proxecto que queiran participar na sección expositiva do encontro a facernos chegar as súas propostas a través de formulario o ao correo aer@empresasredondela.gal.



