Home Pontevedra A Asociación de empresarios de Redondela realiza un networking dirixido ao sector...

A Asociación de empresarios de Redondela realiza un networking dirixido ao sector do aloxamento en Redondela

- Anuncio -

O SECTOR ARRANCA MOTORES PARA IMPULSAR A ACTIVIDADE TURÍSTICA.

O sector do aloxamento en Redondela ten experimentado un notable crecemento nos últimos anos, coordinar e impulsar accións conxuntas é un paso necesario que o sector privado demanda e a Asociación toma o testemuño para coordinalo e servir de correa de transmisión coas administracións con competencias na materia.

Durante a xuntanza os asistentes analizaron os últimos datos estatísticos do sector en Redondela e a súa comparativa co marco autonómico. Actualmente, figuran rexistradas en Redondela 110 actividades de aloxamento das cales o 75% son Vivendas de Uso turístico (VUT), no obstante, este tipo de aloxamento representa 41% da oferta de prazas de aloxamento, un porcentaxe que está 3,61 puntos por encima da media Galega o que denota unha maior dimensión deste tipo de aloxamento no municipio. As VUT ten experimentado un intenso crecemento, dato que vai moi en consonancia co experimentado en toda Galicia nos últimos anos, especialmente no litoral.

Albergues e pensións concentran o 40% das prazas de aloxamento da localidade. Cunha oferta renovada e adapta perfectamente a crecente demanda de turismo de peregrinaxe que ten actualmente Redondela.

A oferta de prazas de aloxamento na tipoloxía de hoteis segue a ser a menos significativa co 2% das prazas. O sector segue reclamando a importancia de sumar este tipo de establecemento á oferta local achando esta deficiencia ao escaso apoio da administración local á iniciativa privada para o desenvolvemento deste tipo de aloxamentos.

Pola súa banda, o turismo rural e os apartamentos turístico manteñen unha oferta estable no municipio con opcións moi atractivas e diferenciadas.

A análise da Ameazas, Oportunidade, Fortaleza e Debilidades deu pe a un interesante debate a unha importante reflexión sobre a necesidade de remar xuntos para que Redondela sexa un punto de referencia en Galicia da man do destino estrela que se atopa no corazón da enseada de San Simón.

Destacou, na análise dos datos que Redondela, que con 120.000 visitante en 2022, tan so o 3% foi rexistrado na oficina de turismo, responsabilizando a xestión municipal deste importante desaxuste no servizo de información ao visitante.

O TECIDO EMPRESARIAL APOSTA POLA COORDINACIÓN E COLABORACIÓN ENTRE AS EMPRESAS DO SECTOR.

A primeira das iniciativas que acordaron por en marcha e a realización dun ROTEIRO PROFESIONAL GUIADO dirixido ás persoas empresarias e traballadoras do sector turístico ao obxecto de adquirir os coñecementos adecuados para poder informar de primeira man de todos os recursos turísticos do municipio, da gran importancia do valor patrimonial e histórico dos distintos elementos e lugares en Redondela. O percorrido realizarase da man de Soledad Chayán, guía turística profesional, que recoñece que Redondela, aínda que acolledora e chea de vida, a súa historia tende a pasar desapercibida para os visitantes. Con esta iniciativa o sector adquirirá a capacitación necesaria para ser prescritor e recomendar ao viaxeiro as visitas e experiencias que mais se adapten aos seus gustos e preferencias.

A cita será o vindeiro xoves 9 de febreiro ás 10:00 a.m. A información e inscrición poderá xestionarse a través da Asociación de Empresarios de Redondela ou accedendo ao portal web da entidade.

Na reunión quedaron apuntalados os asuntos nos que se comezará a traballar de forma prioritaria, como un proxecto de mellora da calidade do destino turístico que comezará polo análise da viabilidade de implementar a metodoloxías SICTED, e a coordinación coa administración especialmente en canto as necesidades do Camiño de Santiago.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas