A Xunta analizará o problema de mobilidade que afecta a usuarios da liña de transporte
A Asociación de Veciños de Forzáns, presidida por Pilar Fernández, trasladou á Xunta a necesidade de crear un acceso peonil seguro que conecte esta parroquia coa veciña de Caritel e solucionar así os gravesproblemas de seguridade viaria que presenta a PO-255 no tramo que une ámbalos dous núcleos de poboación. Ante isto, a Xunta asegurou que realizará una valoración económica da obra, para coñecer o custo que tería dita actuación.
A ampliación da PO-255, inaugurada no ano 2012, foi unha obra moi demandada e aprezada pola veciñanzaque, nembargantes, provocou indirectamente problemas de mobilidade e conexión peonil entre os veciños deCaritel e Forzáns e viceversa, dúas parroquias historicamente moi relacionadas e a día de hoxe con tránsito diario habitual de persoas por lugares que presentan graves problemas de seguridade vial que hai queresolver.
Así ese estudio analizará as solucións de conectividade entre traxectos da estrada vella en desuso coa limpeza e ampliación de cunetas para favorecer o paso seguro dos viandantes detrás dos quitamedosexistentes.
PROBLEMAS DE MOBILIDADE E CONEXIÓNS COAS LIÑAS DE AUTOBÚS
Outro punto tratado foi o funcionamento do servizo de transporte e mobilidade que afecta a usuarios da liña deautobuses que comunica a Forzáns con Ponte Caldelas e Pontevedra xa que as frecuencias son practicamente inexistentes posto que hai un servizo ás 8 da mañá e outro de volta ás 20 horas o que fan ineficiente o transporte público para o uso tanto de público en xeral como estudantes que teñen quedesprazarse andando desde Caritel ou desde Vilán para poder facer uso do servizo público de transporte. Durante a reunión chegouse á conclusión de que se analizaría a necesidade de crear unha nova frecuencia e, de ser así, se trasladaría dita conclusión á consellería correspondente.
A presidenta da Asociación de Veciños, Pilar Fernández, agradeceu a preocupación polos temas plantexadosna xuntanza e lembrou a necesidade de que o servizo de mantemento de estradas proceda a arranxar abeirarrúa próxima á rotonda que vai para Fornelos que conta con varias baldosas levantadas o cal supón unrisco para os transeúntes, un problema que, segundo o acordado, será solucionado nas próximas semanas.
MELLORA DO FIRME FORZÁNS-GAXATE E DA SEGURIDADE VIARIA
Outro dos temas tratados na xuntanza foi a necesidade de mellorar e ampliar a plataforma da estrada que uneForzáns con Gaxate e Berducido, moi deteriorada e pendente dunha actuación desde hai moitos anos e que vese obrigatorio acometer canto antes.
Aínda así, a Asociación de Veciños de Forzáns consciente de que se trata dunha obra de gran envergadura que precisa dun investimento considerable solicitou que, sen renunciar a esta actuación tan necesaria, seestudase a posibilidade de ampliar ou mellorar as cunetas co fin de que tamén poidan servir de paso peonil e mellorar así a seguridade do vial para as persoas que diariamente a percorren. Tamén se pediu a limpeza regular destas cunetas para solventar problemas de pluviais na estación invernal.
Solicitouse tamén a colocación dunha sinal que servira para atenuar a velocidade de paso dos vehículos pola variante de Forzáns xa que atravesa o camiño tradicional dos Sollos, que acaba de ser rehabilitado como ruta de sendeirismo pola veciñanza, e supón un problema de seguridade para os viandantes.
XUNTANZA MANTIDA CO ALCALDE DE PONTE CALDELAS
A directiva da Asociación de Veciños de Forzáns mantivo tamén unha xuntanza co alcalde de Ponte Caldelas,Andrés Díaz, a quen lle trasladou varias peticións da veciñanza desta parroquia para que se teñen en conta desde o Concello como son a limpeza de varios camiños, colocación de puntos de luz, mellora do acceso ás vivendas de varios veciños, habilitar solucións ás pluviais que provocan serios problemas en varios lugares da parroquia, varias reparacións nas instalacións do Centro Sociocultural de Forzáns que inclúen as goteiras efalta de luminosidade interior, reparación das perdas nos lavadoiros que limparon os operarios do Concello coa motobomba e unha barandilla de protección no remate dun camiño para evitar problemas de seguridade ao haber diferentes niveis de altura.