A Aula CeMiT de Cuntis inicia a Rúa programación de setembro con varias novidades para a mocidade

adminON
Lectura mínima de 6

Obradoiros de formación tecnolóxica e clases de cración de espazos  virtuais, entre as propostas pensadas para nenos e nenas de idades  comprendidas entre os 11 e os 18 anos 

A Aula CeMiT de Cuntis, situada na Rúa  Circunvalación don Aurelio, contará durante o mes de setembro cunha  programación con moitas novidades. Ademais de manter algunhas das súas  iniciativas máis habituais e demandadas, tamén se incorporan outras propostas  tanto para as persoas adultas como para a mocidade. Dentro deste último grupo  inclúense os obradoiros de formación tecnolóxica ‘maker’, destinados a rapaces  e rapazas de idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos. As sesións serán  o sábado 14 de setembro, de 10.00 a 14.00 horas, e o mércores 18, entre as  16.00 e as 20.00 horas. A través deste ciclo achegaranse nocións sobre deseño  e impresión en 3D, facilitando conceptos sobre electrónica, robótica e  programación, adaptados á idade dos e das participantes. Pódese obter máis  información sobre a proposta na páxina web argallando.gal.  

Outra actividade que ten que ver coas novas tecnoloxías e que se desenvolverá  por primeira vez na Aula Cemit de Cuntis será o curso de creación de espazos  virtuais, destinado a cativos e cativas de idades comprendidas entre os 11 e os  14 anos. Neste caso, as sesións comezarán o día 7 de setembro e se estenderán  ata os días 21 e 28 do devandito mes, así como o 5, 19 e 26 de outubro. Este  obradoiro ten coma obxectivo xerar espazos de realidade virtual de xeito sinxelo, facilitando a expresión e creatividade e a aprendizaxe de habilidades dixitais  esenciais. As clases terán lugar de 12.00 a 14.00 horas, ao seren os sábados. 

Xa pensando en persoas adultas e maiores, a Aula Cemit tamén retoma unah  nova edición de ‘Practicando co Smartphone’, todos os luns, mércores e sábados  de setembro; no primeiro caso, de 18.00 a 20.00 horas e as fins de semana de  10.00 a 12.00 horas. Esta cita lévase a cabo coa intención de resolver dúbidas  vencelladas á utilización das aplicacións máis comúns dos teléfonos móviles, explicando a súa configuración e xestión e achegando trucos para o seu uso. O  luns 9 de setembro, de 10.30 a 12.00 horas, tamén se estrea outra proposta  sobre recursos para combater a soiedade non desexada. Con esta iniciativa  daranse a coñecer propostas que lanzan e organizan diferentes entidades e  institucións públicas, pensadas sobre todo para a terceira idade, para fomentar  o compañeirismo e evitar que a xente se quede soa. O aspecto lúdico da  programación destes primeiros meses de outono tamén se ve reflectida na  sesión do 16 de setembro, á mesma hora, de Rutas Galegas, que, nesta ocasión,  servirá para realizar un percorrido virtual por algúns dos lugares máis  emblemáticos da provincia da Coruña, como é o caso de Padrón, o Castro  Baroña, a Costa da Morte ou Santiago de Compostela. Ese mesmo día, de 12.00  a 14.00 horas, tamén haberá unha clase sobre como aprender a xestionar a  banca electrónica. 

Previamente, o mércores 11 de setembro, a Aula Cemit acollerá unha sesión de  uso da aplicación Axenda Cultura, de 12.00 a 13.30 horas. Esta ferramenta é  moi útil para estar ao día de eventos, festas, exposicións, feiras ou citas  gastronómicas e culturais que se desenvolven ao longo de todo o ano nas catro  provincias de Galicia.  

O día 17, de 16.30 a 18.00 horas, darase unha charla aberta á cidadanía sobre  o control parental, incidindo en cuestións que axuden a consolidar dinámicas positivas na utilización das novas tecnoloxías, evitando riscos para os e as menores. O día 23, pola súa banda, as instalacións da aula cuntiense acollerán  un curso sobre o uso de reloxes intelixentes, de 12.00 a 13.30 horas. Nese  mesmo horario, o día 25, habrá unha sesión de meditación para mellorar a saúde  e o benestar e con técnicas para reducir o estrés e a ansiedade. A última  actividade de setembro será o día 30, de 10.30 a 12.00 horas, e será sobre a  xestión da Administración pública ‘on line’. Esta é outra das propostas habituais,  que serve para familiarizarse sobre a realización de trámites telemáticos, como  a adquisición do certificado dixital ou do DNI electrónico. O Concello lembra que para consultar a oferta de cursos, solicitar o uso das  dependencias ou tramitar calquera outra dúbida, a veciñanza pódese poñer en  contacto co responsable deste servizo chamando ao 683147165 ou ben enviar  un correo electrónico á dirección cemit.cuntis@xunta.gal.

Comparte este artigo