Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Caldas A Aula Cemit de Cuntis ofrece máis de 100 horas formativas durante...

A Aula Cemit de Cuntis ofrece máis de 100 horas formativas durante o verán, poñendo o foco na rapazada e nas persoas maiores

- Anuncio -

A programación dos meses de xullo e agosto mantén a súa aposta  polo uso de novas tecnoloxías, con obradoiros e cursos gratuítos  adaptados ás necesidades de nenos, nenas e veciños e veciñas da  terceira idade 

Unha das propostas novidosas será ‘Finanzas para todos’, que se  realiza en colaboración co Banco de España 

A actividade non decaerá na Aula Cemit de Cuntis,  senón máis ben todo o contrario. Durante os meses de xullo e agosto, as  dependencias, situadas no número 65 da Circunvalación Don Aurelio,  ofreceranse un gran número de iniciativas, que sumarán en total máis de 100  horas formativas de carácter gratuíto. Nesta época do ano ponse o foco  especialmente na rapazada, así como nas persoas maiores. 

Ademais de manter sesións e cursos que xa son habituais ao longo de todo o  ano, esta programación de verán tamén introduce novidades. Unha das  principais comezará, precisamente, o vindeiro luns, 1 de xullo. Trátase das  sesións ‘Finanzas para todos’, que se desenvolven en colaboración co Banco de  España, co obxectivo de dotar á cidadanía dos coñecementos básicos e das ferramentas necesarias para manexar as súas finanzas de forma responsable e  útil, neutral e libre de calquera interese comercial. Este ciclo pon o foco  especialmente nas persoas maiores, que en moitas ocasións son as que máis  dificultades teñen á hora de manexar a banca electrónica ou que máis protección 

necesitan contra ciberestafas. Este curso prolongarase tamén os luns 8 e 15 de  xullo, de 10.00 a 12.30 horas. Tamén está pensado para a terceira idade o ciclo  de iniciación á informática, os martes e xoves de xullo, para achegar consellos  prácticos sobre utilización do ordenador, Internet ou programas básicos.  Ademais, os luns, mércores e venres, entre as 10.30 horas e as 12.30, haberá  sesións sobre o uso de ‘smarthpones’. Estas clases tamén serán en agosto, ás  que hai que sumar o servizo de atención tecnolóxica, luns mércores e venres en  xullo e de luns a xoves en agosto. 

Con respecto á rapazada, xa desde o día 1 de xullo, os luns e mércores  ofreceranse clases de impresión 3D, de 13.30 a 14.30 horas, a nenos e nenas  de idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos. En agosto, será de luns a xoves e o alumnado dividirase en dous grupos. Outra actividade para cativos e cativas nos dous meses de verán será o curso de mecanografía, que en agosto tamén  contará con dous grupos diferentes. Por outra banda, os días 22 e 24 de xullo,  volverá ‘Girl Steam’, un obradoiro que xa se celebrou con éxito en anos  anteriores e que está dirixido a mozos e mozas de entre 8 e 15 anos, divididos  en dous grupos distintos. Esta iniciativa busca fomentar o uso creativo, práctico  e crítico da tecnoloxía, fomentando o talento e os valores. O día 22 dirixirase ao  grupo de 8 a 11 anos e o 24, para os de 12 a 15. Requírese de inscrición previa.  A programación de verán completaras cos diferentes exames presenciais de  teleformación de Espazo Multimedia de Aprendizaxe (EMA). 

Para consultar a oferta de cursos, solicitar o uso das dependencias ou tramitar  calquera outra dúbida, a veciñanza pódese poñer en contacto co responsable deste servizo chamando ao 683147165 ou ben enviar un correo electrónico á  dirección cemit.cuntis@xunta.gal.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas