Home Pontevedra Caldas A Aula CeMiT de Cuntis pecha o ano 2024 cun total de...

A Aula CeMiT de Cuntis pecha o ano 2024 cun total de 635 persoas usuarias, un 14% (90 persoas) con respecto a 2023,

- Anuncio -

• Entre os meses de xaneiro e novembro impartíronse 128 propostas formativas gratuítas entre cursos, charlas e exames, nas que tomaron parte 416 homes e 219 mulleres


• Neste ano o responsable da Aula foi premiado na primeira edición dos Premios Axentes TIC

A Aula CeMiT de Cuntis, situada na Rúa Circunvalación don Aurelio, incrementou o seu número de usuarios e usuarias ao longo do ano 2024. Entre os meses de xaneiro e novembro, foron un total de 635 persoas as que se anotaron nas diferentes accións formativas, charlas ou exames desenvoltos nas dependencias. Isto supón un incremento do 14% (90 persoas) en canto a participación con respecto a 2023, cando se rexistraron 545 participantes. Polo tanto, a aula consolídase por riba do medio millar de anotados e anotadas. Foron un total de 128 as iniciativas desenvoltas, das cales corresponderon a 46 cursos e outras 72 divididades entre probas de diversa índola ou charlas. Todas estas propostas foron de carácter gratuíto. A actividade repartiuse en 1.738 horas formativas. En canto ás persoas participantes, 416 foron homes e 219 mulleres.

Neste 2024 hai que destacar a boa acollida que tiveron moitas das novidades incluídas na programación. Foi o caso das convocatorias para permitir á cidadanía a obtención da Certificación Galega de Competencias Dixitais (ComDix). Ademais, tamén cobraron protagonismo as diferentes formacións presenciais levadas a cabo en colaboración co Banco de España, que versaron sobre o uso da banca dixital e sobre cuestións de seguridade. Mentres que estas clases ían dirixidas fundamentalmente a persoas maiores, outra das propostas novidosas foron os obradoiros de creación de espazos virtuais para crianzas. Pola súa banda, a Aula Mentor contou cun total de 23 matriculados e matriculadas, moitas das cales xa obtiveron os certificados dos cursos emitidos polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Ademais, neste ano o axente TIC responsable da Aula CeMIT e administrador da Aula Mentor de Cuntis, Víctor Manuel Galdo, foi un dos gañadores da primeira edición dos Premios Axentes TIC da Rede CeMIT de Galicia. O responsable das dependencias cuntienses levouse o segundo galardón na categoría Máster, na que se recoñecía a importancia daquelas propostas máis orixinais e creativas. O labor de Víctor Manuel destacou entre as preto de 100 aulas CeMIT que están operativas actualmente en Galicia. Entre as propostas presentadas para incurrir a estes premios figuraban iniciativas nas que se empregaron algún complementos tecnolóxicos punteiros, como lentes de realidade virtual, drons, kits de robótica ou impresoras 3D.

Outro fito importante nestes meses foi a participación da Aula na segunda edición do programa A Intelixencia Artificial no Día a Día, a través do cal se impulsaron sesións formativas para persoas maiores de 55 anos, achegándolles casos prácticos de uso da IA no día a día. Ademais, este ciclo tamén serviu para detectar barreiras e riscos vencelladas á súa utilización. Cos datos deste 2024, a Aula CeMIT de Cuntis pecha a súa primeira década de funcionamento (inaugurouse en 2014) con preto de 6.000 usuarios e máis de 1.000 cursos e propostas formativas organizadas.

O Concello informa de que a aula permanecerá pechada durante o mes de decembro e lembra que para consultar a oferta de cursos, solicitar o uso das dependencias ou tramitar calquera outra dúbida, a veciñanza pódese poñer en contacto co responsable deste servizo chamando ao 683147165 ou ben enviar un correo electrónico á dirección cemit.cuntis@xunta.gal.

Relacionadas

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

O 53% do alumnado do Programa Integrado de Emprego de Ponteareas acadou a inserción...

0
• A Xunta destinou máis de dous millóns de euros en obradoiros e programas de inserción laboral • Cen persoas comezaron hoxe o segundo Programa...

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

Publicacións Relacionadas