HomePontevedraCaldasA Aula Universitaria da UNED en Portas acolle unha conferencia de José...

A Aula Universitaria da UNED en Portas acolle unha conferencia de José Braulio Mondragón sobre a figura do matemático, político e xeógrafo galego Domingo Fontán Rodríguez

- Anuncio -spot_img

O acto terá lugar mañá 5 de maio a partir das 18:30 horas e a presentación correrá a cargo do director do Campus Noroeste da UNED, Víctor M. González Sánchez

A aula Universitaria da UNED en Portas acollerá mañána, 5 de maio, a partir das 18:30 horas, unha conferencia sobre a vida e obra do insigne matemático, político e xeógrafo galego Domingo Fontán Rodríguez, nado hai 235 anos en Porta do Conde, un lugar deste municipio.

O acto será presentado polo director do Campus Noroeste da UNED, Víctor M. González Sánchez, quen glosará tamén a figura do conferenciante, José Braulio Mondragón Abuín, divulgador da vida e obra de Domingo Fontán a través de numerosas conferencias. Mondragón Abuín conta no seu haber con numerosos artigos publicados sobre a figura do insigne matemático, ademais de ser membro da Asociación Domingo Fontán.

Esta actividade promovida polo departamento de Extensión Universitaria e Actividades Culturais, que coordina Rafael Cotelo Pazos, pretende dar a coñecer a vida e obra deste ilustre galego, nacido en Portas o 17 de abril de 1788. Domingo Fontán foi un ilustrado, adiantado ao seu tempo, un político e xeógrafo español coñecido, sobre todo, por ser o autor do primeiro mapa topográfico e científico de Galicia.

Publicacións Relacionadas