HomePontevedraBaixo MiñoA aula Universitaria da UNED en Tui acolle unha conferencia de Ronsel...

A aula Universitaria da UNED en Tui acolle unha conferencia de Ronsel Portillo Aciñeira sobre o trastorno por déficit de atención e hiperactividade

- Anuncio -spot_img

Esta actividade formativa poderá ser seguida de forma presencial ou en liña, en directo ou en diferido, o xoves 27 de outubro coincidindo co Día Internacional da TDAH.

A aula Universitaria da UNED en Tui acollerá unha conferencia sobre o trastorno por déficit de atención e hiperactividade que terá lugar o xoves 27 de outubro, de 10:30 a 12 horas da mañá, coincidindo co Día Internacional do TDAH e poderase asistir presencialmente ou en liña, en directo ou en diferido.

A relatora desta charla organízase baixo a dirección de Minerva Atenea Ojeda Delgado, profesora-titora da UNED no Grao de Psicoloxía con Venia Docendi en Psicopatología no Centro Asociado da UNED en Pontevedra (Aula deTui) e Directora do Instituo Iberoamericano de Promoción e Aseguramento de Organismos Saudables (Sede Vigo). Ademais, actuará como relator Ronsel Portillo Aciñeira, psicóloga–coordinadora de ANHIDA desde a súa fundación no 2004. Traballou tanto con nenos como con adultos para mellorar a súa calidade de vida como a dos seus familiares e colaborou na formación de psicólogos nesta área a través das prácticas externas.

A conferencia está dirixida ao público en xeral, en especial a pais, estudantes de psicoloxía, educación, etc. con interese neste tema. Os obxectivos marcados con esta actividade posta en marcha polo Departamento de Extensión Universitaria, que coordina Rafael Cotelo Pazos, céntranse en informar sobre as manifestacións do TDAH en nenos, adolescentes e adultos; identificar as formas de abordalo e recursos que existen en España; promover a normalización do TDAH como un trastorno do neurodesarrollo que pode tratarse, e que tamén ten factores positivos.

Ademais, con esta actividade a UNED en Pontevedra pretende dar visibilidade no Día Internacional da TDAH a este trastorno para evitar a estigmatización das persoas que o sofren e orientar ás familias e aos profesionais da educación e a saúde sobre como enfrontar esta peculiaridade nunha persoa con TDAH.

O TDAH é un dos trastornos do neurodesarrollo máis frecuentes da nenez e un dos que tardan en identificarse, normalmete cando xa teñen condutas moi problemáticas. Habitualmente o seu diagnóstico realízase na nenez e a miúdo dura ata a idade adulta. Os nenos con TDAH poden ter problemas para prestar atención, controlar condutas impulsivas (poden actuar sen pensar cal será o resultado) ou ser excesivamente activos. Polo que coñecer os seus síntomas, como abordalo, onde recorrer e sobre todo como xestionar os adultos a presenza deste trastorno tanto nos nenos e adolescentes como nos propios adultos, pode facer unha gran diferenza tanto en rendemento escolar e laboral como na calidade das relacións sociais que teñan.

Publicacións Relacionadas