HomePontevedraCaldasA autodefensa feminista chega a Poio da man de Galiza Nova

A autodefensa feminista chega a Poio da man de Galiza Nova

- Anuncio -spot_img

A asemblea de mulleres de Galiza Nova Pontevedra organiza este domingo un obradoiro de autodefensa feminista

No marco da campaña do 25 de novembro, baixo o lema “que arda o medo”, a organización xuvenil do BNG organiza este obradoiro, de carácter non mixto, co obxectivo de
proporcionarlle ás mozas da comarca ferramentas de autodefensa.

“Sabemos que na sociedade actual dá medo ir soas pola rúa, por iso queremos achegar o noso gran de area para loitar contra a lacra machista que hai na nosa sociedade”, sinalou Irea Ferreiro, responsable da Asemblea de Mulleres en Pontevedra.

A actividade, que será de balde e enfocada só a mozas, levarase a cabo este domingo 20 de novembro, de 11h a 13h, no centro social de Campelo, en Poio.
“Queremos que participen unha gran cantidade de mozas; temos as nosas redes sociais abertas para que calquera se poida anotar” aclarou Irea.

Publicacións Relacionadas