HomePontevedraBaixo MiñoA axenda de verán do Rosal arranca nos barrios co concerto de...

A axenda de verán do Rosal arranca nos barrios co concerto de Roberto Caco

- Anuncio -spot_img

A actuación, de balde, será o martes 19 de xullo ás 21.00 horas na Praza de Fornelo

A axenda de verán arranca a vindeira semana cunha primeira actuación nos barrios. O martes 19 de xullo, a Praza de Fornelos acollerá a partir das 21.00 horas o concerto do músico local Roberto Caco. “Apostamos polos nosos músicos e tamén por un programa completo co que revitalizar os nosos barrios, ao tempo que poñemos en valor os espazos de lecer únicos cos que contamos”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
Cunha dilatada experiencia en grupos da provincia de Pontevedra, dende hai uns anos Roberto Caco canta en dúos ou en solitario e lidera o grupo de rock rosaleiro ‘QuédeQué’. Cun amplo repertorio e un gran dominio de case todos os estilos, o artista chegará a Fornelos para conquistar a público de todos os tipos e idades.

A rexedora convida a toda a veciñanza a achegarse ata a Praza de Fornelos, desfrutar do concerto e pasar unha xornada coa mellor música.

Publicacións Relacionadas