HomeVigoNigrán"A Banda da Loba" protagonizará o Festival ChandeFolk o sábado 23 de...

“A Banda da Loba” protagonizará o Festival ChandeFolk o sábado 23 de agosto

- Anuncio -spot_img

O quintento de mulleres presenta o seu quinto disco ‘Lovismo’, adicado ao amor nas súas múltiples formas e expresións

As mochilas vibratorias estarán dispoñibles para toda aquela persoas xordas que as solicite previamente no 690679675 ou no mail info@entresignos.com

O Concello de Nigrán celebra o vindeiro sábado 23 de agosto o seu festival ‘Chandefolk’ con ‘A Banda da Loba’ presentando o seu derradeiro disco ‘Lovismo’ no merendeiro de Chan de Rapadouro, Chandebrito, a partir das 22:00 horas e de xeito gratuíto. Este recoñecido quinteto de mozas galegas visita Nigrán a través do programa ‘+ Música’ da Deputación de Pontevedra. Como é habitual, o Concello disporá das súas mochilas vibratorias para todas aquelas persoas xordas que o soliciten previamente no 690679675 ou no mail info@entresignos.com.

‘A Banda da loba’ son Andrea, Estela, Iria, Marcela e Xiana e agora presentan o seu quinto traballo ‘Lovismo’ tras ter arrancado no 2017 con ‘Bailando as rúas’ , ‘Fábrica de luz’ (2019), ‘Hasme oír’ (2021) e ‘Xabón Lagarta’ (2022). Xuntas crean un estilo musical propio e heteroxéneo, fusionando pop, rock, blues, folk e sons tradicionais galegos, con letras que a miúdo exploran temas de empoderamento feminino e a cultura galega

O amor non foi nunca un tema especialmente tratado polo grupo, pero tras esta última etapa na que estivo tan presente nas súas vidas por diversos motivos, decidiron explorar e falar sobre el e as súas múltiples formas e expresións. Lovismo é unha declaración de amor. Un fío vermello que nos une dende o corazón. Lovismo é un canto polos amores que son e os que non chegan a ser. Unha aperta ás amigas que aparecen e ás que permanecen. Un aloumiño ás lobiñas que nacen no cubil. Un recoñecernos na man que compartimos para transitar este camiño. Un espazo no que agroma o desexo, dende a liberdade, o tempo da seducción. Lovismo é querernos ben. Un bico na meixela cando chove e cando o sol pecha as pálpebras. Lovismo é o que queremos.

Publicacións Relacionadas