Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade A Banda de Música de Cerdedo protagoniza este sábado o concerto “O...

A Banda de Música de Cerdedo protagoniza este sábado o concerto “O Camiño: Mitos e tradicións”

- Anuncio -

• O espectáculo musical terá lugar o 30 de abril ás 20 horas no Auditorio Municipal de Cerdedo e a entrada será gratuíta

A Banda de Música de Cerdedo protagonizará este sábado 30 de abril un espectáculo musical baixo o título “O Camiño: Mitos e tradicións” que será interpretado a partir das 20 horas no Auditorio Municipal de Cerdedo.

Esta actuación, que conta coa colaboración do Concello de CerdedoCotobade e a Consellería de Cultura e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, se enmarca dentro das actuacións que ten programada a Banda de Música de Cerdedo esta temporada na que se incorpora un novo repertorio que ten como nexo de unión os mitos e tradicións que rodean o Camiño Xacobeo a Santiago de Compostela.

A entrada será libre e gratuíta e os asistentes poderán gozar coa música dos compoñentes da Banda de Cerdedo que, nesta ocasión, estará reforzada pola incorporación de novos membros que entrarán a formar parte desta agrupación musical que é motivo de orgullo para todos os veciños e veciñas do municipio.

O alcalde, Jorge Cubela, animou á veciñanza a asistir a este concerto ao considerar que é unha magnífica ocasión para comprobar a evolución positiva dos músicos que compoñen esta Banda ao tempo que é unha boa opción para disfrutar dunha tarde de sábado con boa música en directo e con pezas relacionadas co Camiño de Santiago.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas