HomePontevedraBaixo MiñoA banda dos insectos abre a programación cultural de febreiro este venres...

A banda dos insectos abre a programación cultural de febreiro este venres no Teatro Municipal

- Anuncio -spot_img

Será un concerto de rock para público familiar ás 19 h. As entradas están xa á venda en tui.gal

O Teatro Municipal de Tui inaugura este venres 6 a súa programación de febreiro cun concerto familiar, de rock and roll en galego, coa Banda dos insectos.

Este espectáculo busca familiarizar aos máis pequenos e pequenas da casa cos valores cooperativos e o deporte. Todo a través das divertidas cancións da Banda dos Insectos, onde fala de compañeirismo, respecto, igualdade e solidariedade. Un concerto cheo de ritmo e diversión para toda a familia.

A Banda dos insectos está integrada por Adri Salgado, na batería e voz; Eduardo Cadenas, no baixo e coros; Juan Pérez, na guitarra e coros; e Manuel Fernández, en animación.

As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4€ e 3€.

Publicacións Relacionadas