Home Pontevedra Poio A Biblioteca de Campelo acolle este venres o cantacontos "Rosa Caramelo", unha...

A Biblioteca de Campelo acolle este venres o cantacontos “Rosa Caramelo”, unha actividade que aposta pola linguaxe universal

- Anuncio -

• A actividade, que dará comezo ás 17.30 horas, mistura o galego con lingua de sinais, ademais de elementos de apoio visual para facilitar a súa comprensión, segundo apunta a concelleira de Cultura e Educación, Raquel Rodríguez (BNG)

• Esta iniciativa forma parte do programa Ler conta Moito e está pensada para crianzas maiores de 5 anos

‘Rosa caramelo’ é o contacontos que este venres será o protagonista dunha nova cita do programa Ler conta Moito. Esta actividade gratuíta, que terá lugar a partir das 17.30 horas na Biblioteca Municipal de Campelo, é unha clara aposta pola linguaxe e a comunicación universal e inclusiva, ao mesturar o galego coa lingua de sinais, ademais de facer uso de elementos visuais que “sen dúbida facilitan comprensión de todas e todos os asistentes”, tal e como explica a concelleira de Cultura e Educación, a nacionalista Raquel Rodríguez.

A cita está pensada para crianzas maiores de 5 anos e destaca, ademais de pola súa accesibilidade na linguaxe, por apostar pola teatralización. Este contacontos da continuidade ao ofrecido a pasada semana, tamén nas dependencias da biblioteca, polo Correo do Vento, que contou cunha gran asistencia. O programa Ler conta Moito terá continuidade en outubro, co contacontos ‘Sopicontos’. Será o martes 24, tamén ás 17.30 horas.

Desde a Concellería de Cultura e Educación lémbrase que, á marxe da organización deste tipo de actividades, a Biblioteca Municipal está operativa xa co horario de inverno, de luns a venres de 16.30 a 19.30 horas.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas