Home Vigo Pazos de Borbén A Biblioteca de Pazos de Borbén organiza un tallaer de narrativa breve...

A Biblioteca de Pazos de Borbén organiza un tallaer de narrativa breve para escolares

- Anuncio -
  • A iniciativa busca mellorar as habilidades de expresión dos alumnos a través da capacidade para articular historias
  • O Concello de Pazos de Borbén, a través da biblioteca municipal, organiza un taller de narrativa breve para escolares do municipio. A iniciativa está enmarcada no programa municipal de dinamización lingüística e contará coa dirección da filóloga e guionista, Carmen Conde.
  • Os talleres terán lugar nas instalacións do CPI Curros Enríquez de Pazos e contarán coa participación dos alumnos de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ISO. A iniciativa desenvolverase en 4 sesións, de dúas horas cada unha, durante o xoves 30 de setembro e o venres 1 de outubro.
    A actividade está pensada para que os alumnos poidan ir coñecendo os principais elementos que compoñen unha historia para que poidan aprender a contala de diferentes xeitos, mesturando os ingredientes segundo convéñalles e sempre dunha forma práctica e didáctica. O obxectivo é que os participantes aprendan que é tan importante o que se conta como a forma de contalo.
  • A primeira parte do obradoiro destinarase á asimilación de conceptos a través de propostas lúdicas de escritura na que poderán aprender a recoñecer, desde un aspecto máis teórico, os principais elementos cos que conta unha historia. A segunda parte será totalmente creativa e nela aprenderán o manexo do espazo e o tempo, a diferenciar os personaxes e a controlar a narración e o punto de vista.
    A edil da biblioteca, Dolores Santoro, destacou a calidade do obradoiro tanto pola súa profundidade de conceptos como pola facilidade para transmitilo aos nenos. “Trátase dunha actividade moi completa e con gran cantidade de beneficios para os pequenos, que verán como mellora a súa capacidade de expresión escrita e de comunicación a todos os niveis”, rematou a concelleira.
  • Para ampliar a información sobre a programación ademais de consultala no blog e nas redes sociais da biblioteca, pódese contactar por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou solicitando a información no correo electrónico biblioteca@pazosdeborben.org.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas