Home O Morrazo Bueu A Biblioteca Municipal Torrente Ballester de Bueu recibe a visita do CEIP...

A Biblioteca Municipal Torrente Ballester de Bueu recibe a visita do CEIP A Torre Cela

- Anuncio -

• O alumnado puido coñecer as diversas salas, como a aula infantil, o arquivo e mesmo a terraza exterior

A Biblioteca Municipal Torrente Ballester de Bueu, que recentemente vén de rematar as obras de mellora e ampliación, recibiu este mércores a visita de varios grupos do CEIP Plurilingüe A Torre Cela. O bibliotecario municipal acompañou á cativada aos diversos espazos dende o andar inferior, co salón de actos, ata as outras salas como o espazo para o arquivo, a aula infantil, o depósito de libros e a terraza exterior na que se sitúan as placas solares.
Na visita estiveron presentes tamén Carmen García, concelleira de cultura e infancia e mocidade, e Alberto Moital, edil de patrimonio. Dende o goberno móstrase unha gran satisfacción de que os centros educativos da vila se animen a coñecer a biblioteca para gozar das súas prestacións. De feito, antes do Nadal o alumnado do CEIP A Pedra infantil xa realizou unha visita.
Con estas actividades preténdese achegar ás persoas máis mozas á biblioteca situada no Parque Ramal dos Galos e na que se acometeu unha obra de mellora de máis dun millón de euros que a converten nunha gran infraestrutura adaptada aos novos usos deste século.

Relacionadas

A Xunta respalda a nove traídas de augas de Ponteareas con 107.959€

0
• O conselleiro de Presidencia entregou ás traídas de augas as placas identificatorias das axudas • No salón de plenos presentou as novas axudas para...

A Deputación presenta aos colectivos veciñais de Vigo os programas de Acción Comunitaria, dotados...

0
A vicepresidenta provincial, Luisa Sánchez, acompañada do deputado Javier Tourís, puxo en valor estes programas que no 2024 beneficiaron a doce entidades de Vigo...

A Deputación despide en Tui o ciclo de conferencias de Teresa Portela sobre a...

0
O deputado provincial Roberto Carrero presentou a actividade, enmarcada na alianza entre a institución e unha das deportistas con máis renome internacional da provincia...

Luis López salienta o investimento de máis de 330.000 euros por parte da Deputación...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde David Carrera, inaugura a humanización da rúa Alameda, financiada ao 100 % con fondos provinciais O presidente da Deputación...

Un intercambio musical do Conservatorio Víctor Ureña trae a Redondela á banda asturiana Armonía...

0
Dentro do marco da rede de Escolas da Unesco á que pertence o Conservatorio Municipal de Redondela, este 2025 ponse en marcha como primeiro...

Digna Rivas chama á veciñanza a participar este xoves na manifestación en defensa da...

0
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, fai un chamamento á cidadanía para que participe este xoves na manifestación organizada pola Plataforma SOS Sanidade Pública,...

Publicacións Relacionadas