HomePontevedraA Biblioteca Municipal Xela Arias celebra o seu 20º aniversario cun concerto...

A Biblioteca Municipal Xela Arias celebra o seu 20º aniversario cun concerto dos Carunchos

- Anuncio -spot_img

A Biblioteca Municipal de Chapela cumpre neste 2025 dúas décadas de historia, e ao longo destes anos converteuse nun importante centro de encontro na parroquia. O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, polo que a Biblioteca Xela Arias traslada a esa data a conmemoración do seu XX aniversario.

Será cunha actividade moi especial, un concerto dos Carunchos. A alcaldesa, Digna Rivas, e a concelleira de Cultura, Rita Pérez, presentaron este concerto con Juan Álvarez, compoñente do grupo, e María José Villar, responsable da biblioteca. Esta cita musical ten tamén moito de literaria, xa que se presentará o libro-disco dos Carunchos, homenaxe ao poeta Manuel María: “Unha gorxa chea de paxaros”. Será ás 20:00 horas no auditorio do Piñeiral do Crego con entrada de balde.

Dúas décadas facendo comunidade

Nestes vinte anos de traxectoria, o número de usuarios e usuarias da biblioteca foi medrando e as actividades diversificándose. Realízanse programas de promoción da lectura, presentación de libros, contactos, actividades artísticas e colaboracións cos centros de ensino da parroquia, asociacións e colectivos. A biblioteca alberga 17.000 volumes, entre libros e material audiovisual, e suma case 2.500 usuarios. Conta cun Club de Lectura de adultos e este ano como novidade púxose en marcha un Club infantil de Arte. A biblioteca desenvolve tamén actividades onde o protagonismo é da veciñanza. Ciclos como “Aquí si hai quen escriba”, para dar a coñecer a creación artística das persoas usuarias; “Contos da veciñanza”, para que familias da contorna se animen a facer de contacontos para a rapazada, ou o “Reto RadioLector”, con recomendacións de lecturas na Radio Municipal de Redondela, son algúns exemplos.

Publicacións Relacionadas