Home Pontevedra Poio A Biblioteca Municpal de Campelo estrea horario de verán a partires do...

A Biblioteca Municpal de Campelo estrea horario de verán a partires do vindeliro luns 27 de xuño

- Anuncio -

• As instalacións estarán abertas ao público de luns a venres, de 11.00 a 14.30 horas

• Ademais de incorporar varias novidades ao seu catálogo, tamén organizará diferentes actividades ao longo da tempada estival

A Biblioteca Municipal, situada en Campelo, modificará o seu horario a partir da vindeira semana, tal e como informa a concelleira de Cultura, a nacionalista Raquel Rodríguez. Desde este día, e ata a finalización do verán, as dependencias pasarán a estar operativas para a veciñanza polas mañás, de luns a venres, concretamente entre as 11.00 e as 14.30 horas.

Ademais, a titular de Cultura adianta que, como xa vén sendo habitual, ao longo da tempada estival a biblioteca impulsará diferentes iniciativas. Así, en agosto, o día 19, desenvolverase unha nova edición do obradoiro de caligrafía creativa. Trátase dunha actividade que está dirixida á rapazada maior de 8 anos. É un curso de carácter gratuíto e dunha hora de duración, a través do cal os nenos e nenas practican a caligrafía a man, unha práctica que “coa auxe das novas tecnoloxías, que fai que cada vez esteamos máis afeitas e afeitos a usar pantallas, parece que estamos a perder, especialmente entre as novas xeracións”, apunta Rodríguez Alonso.

Por outra banda, este verán tamén se habilitará na biblioteca un centro de interese co Atlas dos lugares literarios, no que se inclúen propostas de lectura, incluíndo clásicos universais. A maiores, a Concellería de Cultura segue a apostar pola renovación constante do catálogo existente nestas dependencias, para continuar consolidando “un servizo a través do cal apostamos pola difusión e promoción da literatura e da nosa cultura e da lingua galega”.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas