- O contacontos titulado “Segredos encantados” será ás 12:00h o sábado 14 de marzo
A Biblioteca Pública Municipal da Guarda organiza un novo contacontos para o próximo sábado 14 de marzo ás 12:00h.
A fada de EucREativa chega á biblioteca da Guarda en busca de historias escondidas, personaxes sorprendentes e aventuras por descubrir. Entre estantes cheos de tesouros, aprendemos que cada libro é unha porta segreda e cada páxina un novo territorio por explorar.
Esta exploradora do saber non a detén a choiva e ten como brúxula a curiosidade e os libros como mapa. Escoitamos, observamos, preguntamos e soñamos … porque en esta expedición non facía falta mochila, só ganas de imaxinar!
Agardámosvos na biblioteca.



