Home Pontevedra A Biblioteca Xela Arias celebra unha xornada de divulgación científica para a...

A Biblioteca Xela Arias celebra unha xornada de divulgación científica para a rapazada con Paula Rivas

- Anuncio -
  • A cita será o xoves 23 de xaneiro, ás 18:30, cunha charla dirixida á rapazada de 8 a 12 anos de idade. A científica e divulgadora redondelá Paula Rivas é a autora do libro “A incrible viaxe de Antía ao cerebro humano”, editado por Xerais.
  • Nesta actividade a experta en neurociencia explorará cos participantes moitas curiosidades sobre o cerebro humano. A actividade é de balde, con prazas limitadas, e a inscrición debe facerse na propia Biblioteca Xela Arias.

Dentro do ciclo «Aquí si hai quen escriba», co que as bibliotecas divulgan a creación literaria da veciñanza de Redondela, a vindeira semana estará na Biblioteca Xela Arias de Chapela a bióloga redondelá Paula Rivas, autora do libro “A incrible viaxe de Antía ao cerebro humano”, editado por Xerais. A autora, cun doutorado en neurociencia, está a facer unha gran labor divulgativa sobre o funcionamento do sistema nervioso con esta obra dirixida á rapazada.
A cita será o xoves 23 de xaneiro, ás 18:30, cunha estimulante charla dirixida á rapazada de 8 a 12 anos de idade, para que coñezan como traballa o “ordenador” que fai funcionar aos seres humanos. A científica explorará cos participantes moitas curiosidades sobre neuronas, nervios, sentidos e hemisferios cerebrais.
A medio camiño entre a ficción e a divulgación, “A incrible viaxe de Antía ao cerebro humano” é un libro para aprender gozando da lectura. Durante unha excursión a un instituto de investigación en neurociencia, a protagonista desta historia pérdese dos seus compañeiros e coñece uns ratos científicos que lle explican como funcionan o cerebro e o sistema nervioso, e tamén que son as neuronas e como percibimos as cousas a través dos sentidos. Pouco a pouco, Antía vai descubrindo que detrás dos ratos hai nomes de científicos famosos (Santiago Ramón y Cajal, Alois Alzheimer, James Parkinson e Margarita Salas) e vive unha experiencia extraordinaria.
Paula Rivas Ramírez (Redondela, 1984) estudou Bioloxía na Universidade de Vigo, onde posteriormente realizou o mestrado e o doutoramento en Neurociencias. Traballou como científica no Instituto de Química Orgánica e Bioquímica (IOCB) e no Instituto de Medicina Experimental (IEM) en Praga e na Universidade da Sorbona en París. Actualmente, ademais de seguir investigando e impartindo docencia no campo da neurociencia, realiza actividades de divulgación científica.
A actividade do xoves día 23 en Chapela é de balde, con prazas limitadas, e a inscrición debe facerse na propia Biblioteca Xela Arias.

Relacionadas

O Rosal alza a súa voz a prol da infancia e adolescencia no 8º...

0
Grande experiencia de Isabella, Elda e Lola, integrantes de ‘Fogaricos’, nun evento que contou coa participación de 180 nenos, nenas e adolescentes de toda...

Nigrán epicentro do Bádintón Español

0
Esta próxima fin de semana 18 e 19 de xaneiro volve o mellor bádminton nacional á localidade de Nigrán con motivo da celebración do...

O PP alerta da “fuga de policías locais” que solicitan traslado para irse de...

0
• Pardo defenderá os dereitos dos axentes municipais nunha moción que urxe o incremento do persoal de policías locais, o respecto aos seus dereitos...

A exposición Chicas nuevas 24 horas, chega ao Porriño para chamar a atención contra...

0
● A mostra pode visitarse no primeiro andar do Centro Cultural Municipal en horario de mañá e tarde A exposición Chicas nuevas 24 horas ,...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo a actuación ‘Emovere’ da Fundación Igual Arte

0
Seis bailaríns con capacidades diferentes dirixidos por Elena Fole realizaron este espectáculo que viaxa a través das emocións O Concello de Nigrán ofrece este domingo...

O BNG pide campañas de sensibilización sobre as consecuencias das drogas, especialmente entre as...

0
Unha das cuestións que está a preocupar aos veciños e veciñas da vila nos últimos días é a aparición de xeringas en diversas rúas,...

Publicacións Relacionadas