Home Pontevedra Baixo Miño A Camelia loce en todo seu esplendor no Claustro da Catedral de...

A Camelia loce en todo seu esplendor no Claustro da Catedral de Tui esta fin de semana

- Anuncio -

75 expositores galegos, portugueses e asturianos que presentan as súa flores cunha coidada decoración

Distintas cores, variedades, formas e tamaños da camelia locen en todo o seu esplendor hoxe e mañá no claustro da Catedral de Tui, onde este mediodía foi inaugurada a X Mostra da Camelia Cidade de Tui. O evento está organizado por ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia, coa colaboración do Concello de Tui, xunto a outras entidades.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, na inauguración daba á benvida á cidade e á exposición indicando que “hai dez anos que os responsables de ATUCA nos trasladaron esta feliz iniciativa de que Tui fose sede tamén dunha exposición”. Engadiu que esa era até entón “unha materia pendente que tiña a cidade, que historicamente sempre englobou o mellor do patrimonio, da cultura,… e botabamos en falta unha exposición deste calado e desta dimensión”. Continuaba salientando que “esa feliz iniciativa, co traballo e co apoio de todos, hoxe está consolidada e serve de escaparate non so da camelia, senón tamén da cidade e todo este fermosísimo territorio, que une dous países, une dúas culturas, une dous pobos, e é a principal porta de entrada en Galicia e en España dende Portugal. Esta exposición tamén ten un carácter transfronteirizo que axuda a pola en valor”
Interveu tamén o deputado provincial Roberto Carrero sinalando coma un esforzo colectivo permite hoxe disfrutar destas extraordinarias flores, que lembraba chegaron a Galicia dende Asia no século XVIII, aludindo tamén ao traballo que se realiza dende a Estación Fitopatolóxica de Areeiro. Carmen Salinero, presidenta da SEC, destacou a idoneidade do claustro catedralicio para esta mostra, facendo fincapé na combinación entre a pedra e as flores, que lle confiren a exposición un carácter único. O presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués, Celestino Lores, felicitou a ATUCA por este décimo aniversario. A mostra conta tamén con expositores de Asturias, coma o concello de Valdés. O seu concelleiro de Turismo, Ismael González, aludía na inauguración ao Bosque Xardín de La Fonte Bax de Luarca, que conta cunha das máis importantes coleccións de camelias de Asturias. O deán da Catedral daba a benvida á Catedral e aludiu a celebración tan especial que terá lugar este ano como será o 800 aniversario da súa consagración. José Carlos Montes, presidente de ATUCA, agradecía a colaboración de entidades e expositores, e salientaba o traballo realizado nesta década para chegar ao momento actual da mostra. O acto inaugural contou coa actuación musical do grupo da Asociación do Traxe de Tui.
En máis de 125 metros cadrados de exposición danse cita 75 expositores de toda Galicia, Asturias e Portugal, que dende primeira hora se afanaron na montaxe das súas flores creando diferentes composicións, e empregando como soporte distintos materiais coma madeira, cristal, pedra, ou mesmo zapatos de tacón. Moi presente tamén o traxe tradicional, ou a propia Catedral en pezas de ExinCastillos. No claustro hai un derroche de imaxinación e creatividade por parte dos expositores coma o caso dun pavo real coa cola decorada con camelias que chegou dende un pequeno municipio asturiano.
A exposición abre hoxe sábado até ás 20.30 h e mañá domingo de 10 h a 14 h e de 16.30 h a 20 h.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste ao partido da European Cup Feminina entre o Club...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe ao partido de volta dos oitavos de final da European Cup Feminina, que enfrentou ao Conservas Orbe Zendal BM Porriño e...

O BNG de Vigo pedirá a retirada da proposta de Dolores Galovart como nova...

0
A fronte nacionalista insiste en demandar un diálogo entre todos os grupos que permita unha designación unánime fronte ao “dedazo absolutista” que pretende Caballero Advirten...

A Deputación abre este luns o prazo para participar na ruta ornitolóxica de Voando...

0
Da man de SEO/BirdLife, as actividades deste ano comezarán o próximo 2 de febreiro en Nigrán, nunha zona de alto valor ecolóxico que destaca...

Luis López salienta o traballo a prol da inclusión das persoas maiores e con...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde da Lama, David Carrera, visita as instalacións que a Fundación Ofirvida ten neste...

A Deputación levou no 2024 a preto de 13.000 persoas a desfrutar dos recunchos...

0
En total, gozaron de excursións ao abeiro deste programa 202 entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais, culturais e ANPAS de...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á sétima edición do Certame de Rondallas da Área...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe á sétima edición do Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo, un espectáculo que reuniu...

Publicacións Relacionadas