Home O Morrazo Marín A campaña de tarxetas regalo do Concello tivo un impacto na economía...

A campaña de tarxetas regalo do Concello tivo un impacto na economía local de 116.500 euros

- Anuncio -

Depositáronse no Buzón da Oficina de Turismo algo máis de 3.000 tickets, o que supón un bo síntoma de que moitos marinenses escolleron os locais e negocios da vila para facer as súas compras de cara ao Día da Nai. Pode consultarse a listaxe completa de persoas beneficiadas na web municipal.

A campaña do sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros que impulsou o Concello de Marín para fomentar a fidelidade no comercio local durante as compras polo Día da Nai volveu ser un éxito, xerando un importante impacto na economía local da nosa vila.

As concelleiras Cristina Acuña e Marián Sanmartín quixeron poñer en valor estes datos, que se puideron analizar unha vez feito o sorteo onte. De xeito concreto, depositáronse máis de 3.000 tickets no Buzón da Oficina de Turismo, que xeraron un importe global de 116.524,39 euros. “Isto é un síntoma moi positivo de que os marinenses seguen apostando pola nosa economía para facer as súas compras e para consumir na hostalaría local durante un mes e tendo en conta que non é das épocas que se dá máis consumo nos fogares”, indica o Goberno local.

Desde o Concello lembran que a listaxe das persoas agraciadas pode consultarse de xeito íntegro na web municipal, aínda que todas será contactadas telefonicamente para ir recoller a súa tarxeta á Oficina de Turismo, entre mañá e pasado, en horario de 11.30 a 20.30 horas.

As persoas que reciban a súa tarxeta por valor de 50 euros poderán gastala obligatoriamente no comercio local de Marín, con prazo ata o 31 de xuño.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas