HomePontevedraBaixo MiñoA campaña Nadal+Nadal de Tomiño reparte 4.500 euros en premios

A campaña Nadal+Nadal de Tomiño reparte 4.500 euros en premios

- Anuncio -spot_img

O Concello acolleu o acto de entrega dos galardóns e o sorteo dos tíckets de compra entre a veciñanza. Estipel, Joyería Pazo, Mercería Chantilly e Ro&Ro foron os establecementos gañadores

Un ano máis a campaña de promoción do comercio local do Concello de Tomiño Nadal+Nadal puxo en valor o esforzo dos establecementos participantes e da veciñanza por mercar nestas datas no comercio local. Unha implicación de comercios e tomiñeses e tomiñesas que rematou repartindo un total de 4.500 euros en premios e reforzando o vínculo entre os negocios locais e a veciñanza.

O salón de plenos acolleu a entrega dos galardóns principais e o posterior sorteo dos tíckets de compra entre a clientela que este Nadal apostou por mercar na vila. O xurado valorou criterios como creatividade, impacto, iluminación, harmonía e integración de elementos naturais ou reciclados.

Os comercios distinguidos foron:

  • Mellor Escaparate: 1º premio Estipel (500 €) e 2º premio Mercería Chantilly (250 €).
  • Mellor Local: 1º premio Joyería Pazo (500 €) e 2º premio Ro&Ro (250 €).

Ademais, no sorteo de tíckets de compra entregáronse 3.000 euros adicionais a xxxx clientes e clientas afortunadas, grazas ás mans inocentes que extraeron os tíckets premiados das urnas dos distintos comercios participantes.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacou a importancia desta iniciativa coa que “o Concello continúa intentando dinamizar a actividade comercial local cunha proposta que non só premia aos veciños e veciñas que apostan por mercar no noso municipio, senón tamén aos propietarios dos comercios que decoran con ilusión e creatividade os seus escaparates e locais, enchendo as rúas de cores e luz durante estas datas tan especiais e facendo de reclamo”.

Pola súa banda, a concelleira de Parroquias e Participación Veciñal, Cristina Martínez, engadiu que “o Nadal+Nadal é unha oportunidade para fortalecer a economía local e promover a participación cidadá. Cada escaparate, cada local decorado, reflicte o traballo e a dedicación dos nosos comerciantes, e este acto é tamén un recoñecemento ao seu esforzo constante”.

O Concello agradeceu a implicación de todos os establecementos e persoas participantes e subliñou que iniciativas coma esta contribúen a facer de Tomiño un municipio máis dinámico, festivo e próximo á súa veciñanza.

Publicacións Relacionadas