Home Pontevedra Poio A Canceira Municipal xestionou máis de 80 adopcións durante o pasado ano

A Canceira Municipal xestionou máis de 80 adopcións durante o pasado ano

- Anuncio -

• O concelleiro de Medio Ambiente e a responsable de Seguridade Cidadá, os nacionalistas Xosé Luís Martínez e Marga Caldas, analizaron a actividade do servizo con responsables da Asociación Amigos da Canceira, de quen salientan o seu compromiso e traballos

• Poio foi un dos primeiros concellos da provincia de Pontevedra en contar con este tipo de instalacións, coa súa posta en marcha hai preto de 25 anos

O concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Luís Martínez (BNG), e a responsable de Seguridade Cidadá, a tamén nacionalista Marga Caldas, mantiveron neste mes de xaneiro unha reunión con representantes da Asociación Amigos da Canceira, para facer unha análise da labor desenvolta na canceira municipal ao longo do ano 2022. Martínez Blanco aproveitou a ocasión para poñer en valor e agradecer o “impresionante traballo e compromiso co que sempre contamos por parte dos voluntarios e voluntarias que forman parte deste colectivo”, facendo especial fincapé nas iniciativas e labores que impulsan á hora de tratar de fomentar a adopción e coidado de animais abandonados.

Segundo o informe elaborado pola asociación, a canceira conta a día de hoxe con algo máis de 30 animais, entre cans e gatos. Un dato a destacar por parte do titular do departamento de Medio Ambiente é o elevado número de adopcións que se levaron a cabo durante o pasado exercicio, acadando as 82. “É unha cantidade importante, que tamén fala da concienciación da sociedade á hora de implicarse na adopción de animais”, sinala o concelleiro do Goberno municipal. Xosé Luís Martínez recorda que o Concello de Poio foi unha das Administracións locais pioneiras na provincia á hora de apostar por contar cunha canceira de titularidade municipal. Foi hai case 25 anos cando este servizo se puxo en marcha por primeira vez. “A día de hoxe non son moitos os concellos que contan con canceira municipal, pero para nós o coidado dos animais é prioritario”, recalca o responsable de Medio Ambiente.

Durante a reunión tamén se fixo un repaso das actividades e iniciativas nas que se implicou de xeito activo a Asociación Amigos da Canceira, como foron a participación en mercadillos solidarios ou as visitas realizadas a ludotecas, centros educativos ou a centros de maiores. Xosé Luís Martínez recalcou que este tipo de propostas “xogan un papel moi importante á hora de fomentar as adopcións, ao tempo que tamén se traballa na concienciación para loitar contra o abandono de animais”. Tanto os dirixentes municipais como as responsables do colectivo lembran que a veciñanza ten a posibilidade de tomar parte nas saídas polo monte que se levan a cabo todas as semanas, de luns a sábados, en horario de mañá.

A canceira municipal conta desde principios do ano 2020 cunha persoa contratada a xornada completa, que se encarga de realizar traballos de posta a punto, mantemento e limpeza das instalacións, que se atopan na parroquia de Combarro. Ademais, na reunión tamén se abordaron as melloras que se levaron a cabo nas dependencias e para reforzar o servizo. O concelleiro de Medio Ambiente garante que “seguiremos moi pendentes de cubrir este tipo de necesidades”, xa que o respecto polo coidado dos animais é outro dos piares da campaña Poio en Verde, impulsada, ademais de por Medio Ambiente, polas áreas de Deportes, Educación, Seguridade Cidadá e Cultura.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas