Home Pontevedra Caldas A candidata socialista reúne en Valga ó Delegado da Zona Franca co...

A candidata socialista reúne en Valga ó Delegado da Zona Franca co tecido empresarial local

- Anuncio -

Valga industrialmente, a pesar de ser un dos concellos máis punteiros de Arousa, está estancada pola falta de acción política local. O goberno local de Valga leva anos prometendo que a Xunta de Galicia porá a disposición das empresas solo industrial en Valga. Promesas incumpridas ano tras ano. Mais nunca, en 30 anos, se puxo en contacto cunha administración fundamental na creación e apoio á industria como é a Zona Franca, dependente do Goberno de España.

No sector industrial e, por tanto, na creación de emprego en Valga fan falta novas oportunidades, modernización dos servizos públicos dos que se sirven as empresas, ampliación de solo industrial ás empresas existentes e tamén unha actualización permanente que fixa o propio mercado.
Neste momento no que se abren numerosas oportunidades, xa non só polos fondos europeos senón polas institucións e administracións implicadas e preocupadas polo desarrollo industrial na nosa comarca, como é a Zona Franca de Vigo, Valga non pode desaproveitalas e quedarse atrás. Precisa dun forte compromiso político local que marque como obxetivo estar ó lado das empresas, pymes e autónomos de Valga.
Por esto o Grupo Socialista de Valga propiciou onte unha reunión entre o tecido empresarial de Valga e o Delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades.

O Delegado expuxo as posibilidades e oportunidades que esta institución pode ofrecer a Valga, dende apoio no financiamento a empresas, pymes, autónomos; desarroio de solo industrial, venta e aluguer de naves ou oficinas; apoio ao emprendemento, etc, e destacou os exemplos de Cuntis, Caldas e Vilagarcía.

A Zona Franca coas súas actuacións en Cuntis, Caldas e Vilagarcía está a contribuir dun xeito moi práctico á creación e asentamento de empresas e pymes na comarca. Valga non pode ser allea a esta oportunidade.

A nosa candidata: “Non se comprende o desleixo absoluto da Concelleira de Industria e emprego que en 15 anos foi incapaz de contactar coa Zona Franca. Por eso eu me comprometo a facer un estudio de viabilidade para a ampliación de solo industrial, á modificación do Pxom e poñer a disposición da Zona Franca superficie industrial para desarroiar”

Relacionadas

A concello abre o prazo de inscrición para participar no XXXIX Festival dos Maios

0
Organiza este concurso, dotado con 300 euros en premios, en colaboración coa asociación de veciños Santa Columba de Bértola O Concello de Vilaboa convoca a...

A Biblioteca Pública de Baiona consolídase como un referente

0
A Biblioteca Pública continúa celebrando o mes do libro con novas adquisicións tanto para adultos como para nenos, mantendo o seu compromiso de actualizar...

O Erizana C.F. asegura o ascenso a Primeira Galicia

0
O Erizana Club de Fútbol logrou asegurar o seu ascenso a Primeira Galicia tras unha destacada vitoria a domicilio fronte ao Vila do Corpus,...

Luis López traslada ao alcalde de Vilanova que a Deputación ultima o proxecto da...

0
O presidente provincial, acompañado polo deputado Javier Tourís, mantivo unha reunión co rexedor vilanovés para abordar asuntos de interese mutuo para as dúas institucións O...

Literatura, flores e música na Feira do Libro de Segunda Man do Rosal

0
Celebrarase este domingo 21 de abril na Praza do Calvario de 11.00 a 20.00 horas O Rosal prepárase para conmemorar o Día do Libro por...

O BNG inicia unha ofensiva institucional para a cesión das vivendas da Sareb a...

0
A fronte nacionalista traslada iniciativas no Concello, no Parlamento galego e no Congreso para que o ‘banco malo’ destine os centos de inmóbeis que...

Publicacións Relacionadas