Home Vigo Baiona A Carabela Pinta pon rumbo ao estaleiro para realizar traballos de mantemento

A Carabela Pinta pon rumbo ao estaleiro para realizar traballos de mantemento

- Anuncio -

A Carabela Pinta partía esta mañá do pantalán Cristobal García Sarmineto e poñía rumbo aos estaleiros “Montenegro” de Vigo onde está previsto que estea en dique seco durante unhas catro semanas.

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona xestionou o traslado e os traballos de mantemento da Réplica da Carabela Pinta.

Trátase dunha varada de mantemento rutineira, programada de acordo co protocolo do departamento. Un protocolo que contempla unha varada de mantemento en dique seco cada cinco anos, a última fíxose en 2017. Nesta ocasión, os traballos de mellora da embarcación levarán a cabo no Estaleiro de Vigo.

A Carabela foi remolcada ata a Torre do Príncipe por unha embarcación motora chamada “O Capitán”, por unha pneumática Vanguard de 8 metros e medio de escolara “Sálvame I” e unha embarcación de apoio Vanguard 6,2 de eslora do Monterreal Club de Iates que axudaron á Pinta na saída da súa praza de amarre dentro do porto. A partir da Torre do Príncipe fíxose cargo de trasladar o remolcador “Sebastián de Ocampo”.

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, sinala que“Desde o Monterreal Club de Iates sempre están dispostos a botarnos unha man polo que agradezo enormemente a súa colaboración na saída da Carabela á baía”.

A visita á réplica da Carabela Pinta é un dos grandes atractivos que ofrece a Real Villa, pola cuberta da embarcación pasa un gran número de persoas a visitar as instalacións e coñecer o seu interior que alberga un museo colombino que recrea aos membros da tripulación, os indíxenas americanos e os obxectos traídos do novo mundo.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas