HomePontevedraPoioA carpa da Seca convértese desde este luns no centro neurálxico do...

A carpa da Seca convértese desde este luns no centro neurálxico do programa Vive o Nadal en Poio da concellería de Cultura

- Anuncio -spot_img

• Ao longo dos vindeiros días terán lugar obradoiros para crianzas, espectáculos musicais e de maxia e a entrega de premios ás gañadoras do concurso de Tarxetas de Nadal, citas ás que hai que engadir o ‘Xoga n Seca!’, con karts a pedais, inchables, mini eléctricos ou recreativas ‘vintage’

• A titular da área, Raquel Rodríguez (BNG), informa de que as Badaladas de San Martiño, previstas para o venres 30, celebraranse tamén na carpa en caso de choiva

Desde este luns 26 de decembro a explanada da Seca pasa a converterse no epicentro da programación Vive o Nadal en Poio, organizada pola Concellería de Cultura, e que aglutina máis de 30 actividades de carácter lúdico pensadas para xente de todas as idades. Durante os vindeiros dez días, a carpa habilitada neste espazo acollerá espectáculos de maxica, musicais e karts, inchables e obradoiros, ademais de moitas outras sorpresas.

A concelleira responsable da área, Raquel Rodríguez (BNG), explica que xa desde este luns, entre as 16.00 e as 19.00 horas, chega ‘Xoa na Seca!’, con karts a pedais, quads, minis eléctricos, inchables e recreativas ‘vintage’. Esta oferta prolongarase durante dous días.

Ademais, de luns a mércores terán lugar os obradoiros O Nadal na túa man, organizados pola Concellería de Mocidade para crianzas de diferentes idades. O mércores, asemade, ás 18.00 horas procederase á entrega de premios ás gañadoras do concurso de Tarxetas de Nadal. Posteriormente, os Trasnos de Nadal de Nelson Quinteiro ofrecerán un musicial.

O xoves 29, ás 18.00 horas, será a Gala de Maxia, co Mago Paco, acompañado de Christian Miró, Gisell e Joshua Kenneth. A primeira semana de actividades pecharase o venres 30 cunha exhibición de ximnasia rítmica a cargo de integrantes do Club Saraiba (17.00 horas). Ademais, a concelleira de Cultura lembra que ese día, ás 20.00 horas, terán lugar as Badaladas de San Martiño, nas inmediacións da capela, unha cita que a programación recupera logo de dous anos de ausencia pola situación sanitaria. En caso de choiva, esta celebración anticipada da chegada do novo ano trasladarase á carpa da Seca.

Raquel Rodríguez anima á veciñanza a tomar parte nestas iniciativas e a “gozar destas datas tan familiares e entrañables como merecen”. As actividades continuarán a vindeira semana.

Publicacións Relacionadas