HomePontevedraA carreira, que se celebra este domingo e coincide co 40 aniversario...

A carreira, que se celebra este domingo e coincide co 40 aniversario da asociación e da loita das súas nais, foi presentada este mércores polo alcalde, Abel Caballero 

- Anuncio -spot_img

As inscricións, que rematan hoxe ás 12.00 horas, están abertas neste enlace e os cartos acadados serán destinados a un programa de intervención con persoas usuarias a través da suprareciclaxe

A Asociación Érguete celebra este domingo na praza pública de Vialia a novena edición da súa carreira Érguete e Corre, un evento que este ano será aínda máis especial ao coincidir co 40 aniversario do inicio da loita das súas nais fundadoras, aquelas mulleres que se ergueron contra os narcotraficantes para protexer aos seus fillos e fillas.

A Érguete e Corre, que o ano pasado congregou máis de 900 corredores e corredoiras, será unha xornada para que as persoas que participan no circuíto Run Run do Concello de Vigo ultimen as súas marcas e para axudar ás máis de 8.000 persoas usuarias que a asociación atende cada ano. As  inscricións aínda están abertas ata hoxe ás 23.55 horas e a carreira conta con catro probas: ás 10.00 horas comeza a carreira de peques para nenos e nenas nados entre 2013 e 2022, ás 10.55 h sairán as persoas participantes da proba de bicis e ás 11.00 h comezará a carreira de 5 k e 10 k e a andaina. 

Os cartos acadados durante a proba serán adicados a un innovador programa de intervención que está a desenvolver a Asociación Érguete con La Canalla para traballar coas persoas usuarias a través da suprareciclaxe, é dicir, transformar algo usado nun produto de maior valor. Tamén se destinará parte do recaudado a fortalecer outros programas de intervención dunha asociación que atende 8.000 persoas cada ano.

Ademais da carreira, a Asociación organizará durante a mañá varias actividades. “Haberá animación para nenos e nenas con talleres de teatro e educación sostible da man de Teatro do Ar e varias sorpresas e sorteos máis. Queremos que sexa unha festa e lembrar a loita que aquelas nais de Érguete iniciaron nos 80 e que continúa hoxe”, explicó a coordinadora da Asociación Érguete, Elvira Rivas, nunha rolda de prensa de presentación hoxe no Concello de Vigo xunto ao alcalde, Abel Caballero, o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, Tete Varela de Fiatc e o director do Centro Comercial Vialia Vigo, Juan Louro. 

As nais fundadoras da Asociación Érguete recibirán e despedirán ás persoas corredoras cunha pancarta especial que confeccionaron xunto a persoas usuarias da entidade. “Será o peche perfecto para un ano no que homenaxeamos o seu legado cunha exposición no Marco de Vigo, cunha gala que encheu o Teatro Afundación e con outra chea de actividades”, explicou Rivas.

Publicacións Relacionadas