A Casa Azul acolle a entrega de diplomas dos cursos de formación adaptada e participación social dos colectivos vulnerabeis

adminON
Lectura mínima de 4

A Concellería de Benestar Social promove cursos de Formación adaptada para persoas que  buscan novas oportunidades no mercado laboral e afastarse do risco de exclusión 

A Casa Azul viviu hoxe a súa particular graduación coa entrega dos diplomas de asistencia ao  alumnado dos cursos de Formación adaptada e participación social que promove a Concellería de  Benestar Social para dar resposta ás distintas demandas educativas de persoas en situación de  vulnerabilidade que tratan de acceder ou reintegrarse ao mundo laboral, mellorar o seu emprego e  afastarse do risco de exclusión.  

Ao acto acudiu a concelleira de Benestar Social, Anabel Gulías, quen parabenizou ao alumnado  “que grazas a estes cursos de formación pode ter novas oportunidades no mercado laboral”. A  formación, engadiu a concelleira, “é unha das cuestións que tratamos de traballar na área de  Benestar porque é un mecanismo, sen dúbida, que mellora a empregabilidade de todas as persoas,  un chanzo máis cara a inserción laboral e a inclusión social”.  

Entre o alumnado atopamos persoas que abandonaron os estudos antes de finalizar a ESO, persoas  que necesitan adquirir competencias clave – lingua española, lingua galega, matemáticas e lingua  inglesa (non obrigatoria)- que lles abra paso aos cursos das familias profesionais que ofrece o  Servizo de Emprego, e persoas que precisan implementar a súa comprensión lectora, expresión  oral e habilidades sociais para integrarse no mundo laboral. Un abano de perfís para os que se  deseñaron catro cursos con percorridos diferentes.  

Formación, inserción laboral e inclusión social son os principios que guían esta programación  formativa, que terá unha nova edición e que abrangue catro modalidades:  

1.- ESA, educación adaptada para adultos . Está pensado como un apoio educativo para persoas  matriculadas na EPA (escola de adultos) ou que optan ao exame libre de ESO.  

Os asistentes a este curso foron fundamentalmente mozos e mozas que deixaron no seu día os  estudos sen acabar da ESO e persoas de maior idade que finalizaron ou non a antiga EXB.  

2.- Competencias clave 2. Impártese o ensino de catro competencias: Lingua Castelá, Lingua  Galega, Matemáticas e Inglés. Superar este nivel – equivalente a 2º da ESO, aproximadamente- abre  

a portas aos cursos de familias profesionais do SEPE, pero é necesaria unha certificación oficial que  se obtén cun exame anual convocado pola Xunta, en Silleda,  

O alumnado deste grupo foron adultos de 40 a 60 anos, todas mulleres excepto un home. Entre  elas había paradas de longa duración, mulleres que tratan de incorporarse por vez primeira ao  mercado laboral e, en menor medida, persoas buscan un cambio ou mellora de emprego.  

3.- Competencias clave 1-B. Neste curso trabállanse as habilidades sociais, a comprensión lectora e  a expresión oral.  

O seu alumnado mixto estivo formado por persoas que len e escriben a duras penas (analfabetos  funcionais). Houbo máis mulleres que homes. Unha cota significativa eran inmigrantes de fala  hispana.  

4.- Competencias clave 1-A . Entre o seu alumnado, eran persoas que non sabían ler e escribir e  persoas que descoñecían o idioma. Foi o grupo máis heteroxéneo e multicultural, atopándose entre  os seus matriculados marroquís, romaneses, subsaharianos (Ghana e Senegal) e rusos.  

O programa de Formación adaptada que promove a Concellería de Benestar Social intégrase no  Plan de inclusión social e loita contra a pobreza, co-financiado polo Fondo Social Europeo Plus  (FSE+) a través do programa FSE+Galicia 2021-2027

Comparte este artigo