HomePontevedraCaldasA casa do concello de Pontecesures acollerá unha charla sobre a saúde...

A casa do concello de Pontecesures acollerá unha charla sobre a saúde do pé

- Anuncio -spot_img

A conferencia, de acceso libre, está incluída dentro do programa “Coidados porta a porta”, que estará do 22 ao 24 de febreiro no Espazo Cara a Ría e para o que xa está aberta a cita previa

O Espazo Cara a Ría de Pontecesures (a carón da praza de Abastos) acollerá do 22 ao 24 de febreiro o autobús do programa “Coidados Porta a Porta”, unha iniciativa da Xunta de Galicia para ofrecer servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria ás persoas maiores. Para poder participar só é preciso solicitar cita previa no teléfono 622 748 283 ou a través do correo electrónico coidadosportaporta.politicasocial@xunta.gal.

Este programa permitirá que as persoas maiores de Pontecesures poidan realizar unha revisión e valoración da súa audición; acceder a un servizo de atención podolóxica para prevención, diagnose e tratamento das principais patoloxías dos pés; ou realizar de probas de valoración cognitiva e exercicios de estimulación para a prevención de enfermidades neurodexenerativas coma o Alzhéimer.

Conferencia de acceso libre

A maiores, o podólogo da unidade móbil do programa “Coidados porta a porta” dará unha charla informativa sobre “A saúde do pé”, que terá lugar o mércores 22 de febreiro, ás 19:00 horas, na casa do concello de Pontecesures. A entrada á conferencia é totalmente libre e de balde, non sendo precisa inscrición algunha.

O programa “Coidados Porta a Porta” é unha iniciativa posta en marcha pola Consellería de Política Social para levar servizos asistenciais ás persoas do rural para a prevención da dependencia, conta co financiamento da Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia.

Publicacións Relacionadas