- A mostra inaugúrase este venres 10 de abril ás 19:00 horas
Este venres ás 19:00h inaugúrase a exposición “Mar de ideas” de Xosé Manuel Rodríguez Mojón, “MOXOM” na Casa dos Alonso.
Trátase dunha exposición que mostra unha escolma esculturas da súa traxectoria, tamén algunhas inéditas. O autor sinala que “como indica o título, as ideas para crear son para min como o mar: infinitas e inagotables”.
MOXOM é un artista autodidacta que leva máis de 30 anos tallando madeira. Esta madeira recóllea de encoros, camiños e leiras para darlle unha nova vida. Coa súa obra, de máis de 3000 pezas, leva ás súas costas máis de 85 exposicións entre España e Portugal.
A mostra poderase visitar dende o día 10 ata o día 24 de abril na Casa dos Alonso, de luns a venres de 9 a 15h.



