– Centros educativos, centros de maiores e asociacións de Redondela propoñen diferentes lemas para a campaña do Concello de Redondela neste 8 de marzo. A concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, anima á veciñanza a participar na enquisa publicada na web e na app do Concello para escoller a frase desta campaña.
A concellería de Igualdade, que dirixe Iria Vilaboa, convidou aos centros educativos, centros de maiores e asociacións de Redondela a propoñer lemas para a campaña do Concello neste 8 de marzo. Vilaboa explica que o obxectivo é “que os colectivos e a sociedade en xeral sexan protagonistas nesta campaña e poidan escoller o lema para este ano”. A enquisa está dispoñible na páxina web e na app do Concello de Redondela coas seguintes propostas:
CEIP Quintela: “O poder de cada muller transforma o mundo”
CEP Santa Mariña: “Muller tiñas que ser, sempre é un cumprido”
CEIP Alexandre Bóveda: “A igualdade non é unha bonita palabra, é unha necesidade”
Centro Cultural Trasmañó: “Xa non sei o que é ser libre. Por fin darei un paso adiante”
Asociación Lenda: “Nin gratis, nin invisibles”
Asociación Cultural Chapela: “Somos o grito das que NON teñen voz”
Centro Cultural A Miñoteira (Ventosela): “Soa, co meu esforzo, son quen de conseguilo”
Centro de Día Os Cortizos (Redondela): “Somos a semente do cambio”
Centro de Día Os Cortizos (Chapela): “Camiñando xuntas”
Centro de Día Arela: “As mulleres loitadoras”
C. A. Persoas Maiores Cesantes: “Somos grandes en Igualdade!”
Asociación de Veciños de Chapela: “Igualdade real, non só legal”
As persoas que o desexen, e estean empadroadas en Redondela, poden votar a través do seguinte enlace ata o domingo ás 12 da noite:
https://app.redondela.gal/TarjetaCiudadanaRedondela/participacion-ciudadana/encuestas