HomePontevedraA ParadantaA Clásica Álvaro Pino, pasa por Arbo

A Clásica Álvaro Pino, pasa por Arbo

- Anuncio -spot_img
  • O Evento terá lugar o 25 de maio. O Prazo de inscripción esta aberto e os interesados dispoñen ata o 19 de maio para inscribirse.
  • A  Asociación Deportiva Plan C co alcalde de Arbo, Horacio Gil e a Concelleira de Deportes, Vicenta Rodriguez,  para expoñer diferentes aspectos da marcha.

O pasado 20 de febreiro, tiña lugar no Salón de Plenos, unha reunión da Asociación Deportiva Plan C co alcalde de Arbo, Horacio Gil e a Concelleira de Deportes, Vicenta Rodriguez,  para expoñer diferentes aspectos da marcha ciclorurista “Clásica Álvaro Pino 20252 que pasara este ano polo concello de Arbo e coa que colabora o Concello de Arbo.  

O evento deportivo, que se celebrará o próximo 25 de maio,  conta cun percorrido longo de 123 quilómetros e outro reducido de 67 quilómetros. Ambos teñen como meta e saída Ponteareas e discorren polos municipios de Mondariz, Mondariz-Balneario, Covelo, A Cañiza,  Salvaterra de Miño e As Neves. Arbo, e o lugar escollido onde dará comezo o porto cronometrado.

O alcalde de Arbo, manifesta que este “un gran evento cicloturistico para dar a coñecer Arbo e os seus atractivos”

As persoas que desexen participar ben no percorrido longo ben no curto dispoñen ata o 19 de maio para inscribirse.

Arbo, ofrece espectaculares lugares para desfrutar de este deporte en bicicleta – afirma o alcalde- O Concello de Arbo, organiza todos os anos duas marchas ciclistas a de Abril por monte e a de agosto por lugares máis tranquilos e dirixido aos cativos – remata o rexedor.

Publicacións Relacionadas