HomeTabeirósCerdedo - CotobadeA Comunidade de Montes de Borela acolle un curso de motoserristas para...

A Comunidade de Montes de Borela acolle un curso de motoserristas para Protección Civil promovido pola Xunta

- Anuncio -spot_img

• A Casa de Cultura “Nélida Piñón” acolle as sesión teóricas nas que son instruídos os voluntarios para situacións de emerxencia

Membros de Protección Civil de Galicia participan en Borela, no concello de Cerdedo-Cotobade, nun curso de motoserristas promovido pola Xunta para instruir aos voluntarios en situacións de emerxencia nas que se faga necesario o uso desta ferramenta mecánica.

A Comunidade de Montes, que preside Alberto Couto, é a anfitriona destas clases teórico-prácticas que se imparten tanto nos locais sociais da Casa da Cultura “Nélida Piñón” como en varios terrenos mancomunados onde se aproveitarán as actuacións prácticas dos cursillistas para eliminar eucaliptos en zonas sensibles.

O uso da motoserra é cada vez máis necesario para realizar labores en operacións relacionadas coas emerxencias, como son os incendios forestais ou os temporais de vento: Nos primeiros para a execución de devasa ou liñas de defensa e nos segundos polo despexe de árbores descalzados ou partidos sobre estradas, casas, etc.

O principal problema que presenta esta ferramenta é a necesidade dunha aprendizaxe concienzuda respecto dos riscos derivados do seu uso. Cada vez máis se considera requisito fundamental para o uso desta ferramenta a superación dun curso de perfeccionamento.

Esta formación que se imparte en Borela é maioritariamente práctica na que os alumnos aprenden a usar a motoserra de forma eficaz e segura en situacións de emerxencias. O programa inclúe sesións prácticas de técnicas para o corte de árbores en situacións difíciles, unha circunstancia coa que os equipos de emerxencias se atopan habitualmente en días de temporal.

Os obxectivos deste curso céntranse en formar ao persoal asistente no manexo e mantemento da motoserra en labores forestais e de emerxencia, para participar con seguridade en intervencións de retirada de restos vexetais desprendidas en situacións de emerxencia:

Así, os alumnos aprenden a mecánica da motoserra, coñecen o funcionamento, mantemento e dispositivos de seguridade aplicables ao manexo seguro de destas máquinas. Tamén se capacita ao alumno para que distinga procedementos de corte dependendo da posición da madeira e as condicións do terreo, ademais de coñecer as técnicas de apeo de árbores.

Ao longo deste curso procúrase adquirir competencia para proceder con motoserra de forma segura e eficaz, en situacións de emerxencia con presenza de árbores, arbustos, ramas, troncos, etc., motivadas por fenómenos meteorolóxicos, naturais ou casuais.

Publicacións Relacionadas