HomePontevedraPoioA concelleira de Cultura entrega exemplares da revista A Raxeira ás persoas...

A concelleira de Cultura entrega exemplares da revista A Raxeira ás persoas gañadoras do certame literario Xaime Illa nos anos 2020, 2021 e 2022

- Anuncio -spot_img

A sala de lectura do Centro Cultural Xaime Illa acolleu este pasado domingo o acto de entrega de exemplares da Revista A Raxeira a todas as persoas que resultaron premiadas nas edicións de 2020, 2021 e 2022 no certame literario Xaime Illa Couto. A encargada de facer entrega das unidades, nas que figuran as obras dos gañadores e gañadoras das diferentes categorías do concurso nestes últimos tres anos, foi a concelleira de Cultura e Educación, a nacionalista Raquel Rodríguez Alonso (BNG), que estivo acompañada por dirixentes da Sociedade Cultural e Deportiva (SCD) Raxó. Cómpre lembrar que foi esta¡ agrupación a encargada de impulsar este concurso, que neste 2022 chegou aos 30 anos de vida e en cuxa organización colabora o Concello de Poio.

Deste xeito, todas as persoas que resultaron premiadas nestas edicións recibiron un exemplar da Raxeira, impulsada tamén pola propia SCD, nunha data moi especial, xa que coincidiu co aniversario do nacemento de Xaime Illa Couto. O acto de entrega desenvolveuse antes do inicio dunha das actividades correspondentes á Axenda Cultural de Outono, impulsada pola Concellería de Cultura. Tratouse da representación da obra A Señora da Forcadela, a cargo da compañía Os Quinquilláns. Esta cita levouse a cabo en colaboración coa Deputación de Pontevedra, a través do programa O pasado por vir. A seguinte representación teatral terá lugar o día 4 de novembro, tamén no Xaime Illa, coa obra O mel non caduca, de Ibuprofeno Teatro. Neste caso, a iniciativa chega a través do ciclo Tornar ás táboas, impulsado tamén pola Deputación.

Publicacións Relacionadas