HomeVigoBaionaA Concellería de Cultura do Concello de Baiona lembra que ata o...

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona lembra que ata o 29 de setembro o alumnado interesado en facer a matrícula da Escola Municipal de Música para o curso 2022/2023

- Anuncio -spot_img

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona lembra que ata o 29 de setembro o alumnado interesado en facer a matrícula da Escola Municipal de Música para o curso 2022/2023 poderán facelo en horario de 9.00 a 14.00 h.

A matriculación levará a cabo no propio centro situado na rúa Alferez Barreiro nº20-21, onde as persoas interesadas terán acceso aos impresos correspondentes.

Os nenos de 4 a 6 anos poderán matricularse na materia de música e movemento. Esta disciplina é a ideal para os máis pequenos xa que aprenden de forma dinámica e lúdica os coñecementos que os preparan para as clases musicais adultas. Traballan a psicomotricidade, realizan coreografías…

A partir dos 6 anos, son moitos os instrumentos que poderán escoller, entre os que se atopan: Frauta travesera, gaita, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, percusión, piano, guitarra, violín, viola, canto … ademais este próximo curso a Escola ofrece Batucada, Banda e Coro…

Para máis información poden poñerse en contacto a través do teléfono 986356081.

Publicacións Relacionadas