HomePontevedraPoioA concellería de Cultura reúnese co tecido asociativo de Poio para preparar...

A concellería de Cultura reúnese co tecido asociativo de Poio para preparar a celebración dos magostos

- Anuncio -spot_img

• As degustacións de castañas volverán ao seu formato habitual, logo da situación provocada pola pandemia da COVID-19 en 2020 e 2021

• O Concello está a traballar tamén na organización da segunda edición da Festa da Castaña, coincidindo co San Martiño

A concelleira de Cultura, Raquel Rodríguez (BNG), vén de manter esta semana unha reunión con representantes dos colectivos de municipio que, como xa é tradición, coa chegada do mes de novembro celebran o magosto nas diferentes parroquias da localidade. A edil do Goberno local sinala que esta edición será “máis especial se cabe”, habida conta de que por primeira vez desde 2019 poderán celebrarse con absoluta normalidade, logo de que en 2020 tiveran que ser cancelados e que en 2021 estiveran condicionados polas restricións e medidas decretadas por mor da pandemia da COVID19.

Como xa é habitual, as degustacións de castaña terán lugar durante as fins de semana de novembro. Ademais, está previsto tamén que, con motivo da celebración do San Martiño, o vindeiro día 12 de novembro tamén teña lugar a Festa da Castaña, dando así continuidade á edición inicial do ano pasado. Con respecto ao resto de magostos, Raquel Rodríguez recalcou o compromiso do Concello para “colaborar e axudar para impulsar esta actividade tan arraigada na nosa tradición e no noso municipio. É por iso polo que convocamos esta reunión, para estar pendentes das súas necesidades e colaborar desde o Concello en todo o que sea preciso”. Proximamente se irán coñecendo as datas dos magostos.

Publicacións Relacionadas