O Multiusos de Sabarís acolleu esta mañá o acto de clausura do programa “Con Voz Propia”, unha actividade posta en marcha pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro Municipal de Información á Muller.
Unha intervención psicopedagóxica no que a práctica vocal (coral e solista) utilízase para incrementar o empoderamento das mulleres na que participaron veciñas do municipio.
O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e a directora do CIM de Baiona, Elena Otero, acudiron o acto de clausura no que coñeceron de primeira man o traballo realizado polas participantes nesta actividade de 25 horas de duración. As participantes mostráronse moi satisfeitas con todo o aprendido nas sesións.
“Con Voz Propia” desenvolveuse no Multiusos de Sabarís ao longo do mes de novembro, decembro e xaneiro os mércores en horario de mañá. Na metodoloxía estivo previsto o ensino das habilidades de base do canto, utilizando o método de Maga de Voz . Ao mesmo tempo utilizáronse moitos recursos da musicoterapia, a danzaterapia e a dramaterapia para fomentar a libre expresión o arraigamento e empoderamento do corpo e a voz das participantes. Ademais traballouse coas letras das para reenfocar a visión do percorrido vital.
Dacabalo entre a canto-terapia e a aula de música común, o programa combinou as estratexias propias do ensino convencional do canto co enfoque musicoterapéutico, facendo da expresión musical un vehículo para a expresión emocional,.
Este proxecto parte do orzamento de que a aprendizaxe de canto, como conxunto de técnicas e habilidades vocais e musicais unidas á expresión de emocións auténticas, pode incrementar a seguridade e a confianza, axudando no descubrimento e valorización de si e da/s outra/s, favorecendo a inclusión e mellorando a propia estima e realización.

