Free Porn
xbporn
Home Vigo Baiona A concellería de Igualdade de Baiona organiza charlas e talleres gratis centrados...

A concellería de Igualdade de Baiona organiza charlas e talleres gratis centrados en saúde feminina durante novembro

- Anuncio -

A concellería de Igualdade do Concello de Baiona organizará charlas e talleres gratuítos que se centrará na saúde feminina dentro da programación Baiona Lila do mes de novembro.

A posta en marcha deste ciclo con charlas e talleres busca dar luz sobre diferentes aspectos da saúde das mulleres, tanto física como mental. Estas actividades, dirixidas a mulleres de todas as idades, teñen como obxectivo mellorar o benestar físico e emocional a través de información práctica e recursos crave para o autocuidado. As charlas serán impartidas por Natalia Gantes Mella, licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e experta en saúde feminina.

Estas xornadas celebraranse os días 6, 13, 20 e o 27 de novembro. Impartiranse no Multiusos de Sabarís en horario de mañá de 10:30 horas a 12:30 horas. En horario de tarde serán no Multiusos Ángel Bedriñana de Baiona de 18:00 horas a 20:00lh. Haberá unha sesión final conxunta o 27 de novembro ás 10:30 horas.

Este ciclo de charlas e talleres forma parte da programación “Baiona Lila”, a programación organizada polo Concello de Baiona, a través da concellería de Igualdade, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que trae consigo un mes dedicado a actividades para sensibilizar e educar contra a violencia á muller no Concello de Baiona.

Todas as actividades son gratuítas e, para participar, é necesario inscribirse previamente na dirección electrónica cim@baiona.gal
Indicando:Nome, apelidos, teléfono, DNI e grupo no que se quere inscribir. Para máis información poden chamar ao CIM BAIONA no no teléfono 986 35 75 54.

Relacionadas

Os concellos de Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade organizan conxuntamente o “II Trail do Cervo”...

0
Realizarase en colaboración coa Asociación O Eido do Cervo sobre dous trazados: un de 34 quilómetros, á Conla e outro de 18, ao Maneses. Os...

Xornada formativa sobre a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica

0
Terá lugar mañá mércores día 23 ás 12:00 horas no auditorio municipal O Concello de Covelo informa da xornada informativa sobre Enfermidade Hermorráxica Epizoótica (EHE)...

O Museo Manuel Torres renova o sistema para colgar as obras e mellorar a...

0
A inversión, que ascendeu a 10.000 euros, procedeu dunha subvención da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades O Concello de Marín solicitou unha...

O Concello traballa en atopar financiación para os proxectos de saneamento e abastecemento de...

0
Entre ambas actuacións, precísase unha inversión de 1 millón de euros para dotar a 34 vivendas destes servizos básicos. Desde o Concello, aseguran que...

Sesión formativa gratuíta enmarcada no proxecto Alzheimer de Preto

0
O Concello de Mondariz informa que o venres 25 de outubro, de 16-20h., AFAMO (Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer do Morrazo) vai...

Luis López anuncia unha suba do 40%, ata os 350.000€, das axudas a confrarías...

0
O presidente provincial adianta este acordo nun encontro coa Federación Provincial de Confrarías para asinar convenio de colaboración para a prevención de riscos laborais O...

Publicacións Relacionadas