– Rivas sinala a importancia que ten divulgar e manter a memoria democrática para que se coñeza a verdade sobre a ditadura, os seus asasinatos e a represión, ante o que está acontecendo hoxe cóas mensaxes da ultradereita.
A concellería de Memoria Democrática realiza un acto de recoñecemento público á familia de Xosé Humberto Baena, vigués fusilado no 1975. Flor Baena, irmá de Humberto Baena, un dos últimos asasinados do franquismo, asistiu como representante da familia Baena, xunto coa súa filla Paula Peréz Baena á recepción na alcaldía. Este acto está enmarcado no obxectivo principal da nova concellería que é o coñecemento e a aprendizaxe en valores democráticos, sobre todo para as novas xeracións.
Na mesma xornada Flor Baena tamén dará unha conferencia organizada polo “IES Floriani”. A alcaldesa puxo en valor a iniciativa e convidouna a que se fixera extensible ao resto de institutos do municipio de Redondela. A nova concellería fará unha labor “pedagóxica” para que os máis novos saiban que os dereitos e liberdades dos que hoxe disfrutamos “non chegaron de xeito gratuíto”. A democracia e a xustiza social “houbo que loitalos” e milleiros de persoas “sufriron represión, torturas ou foron asasinadas por defender a liberdade”, advirte Digna Rivas.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, expresou a “solidariedade coa familia e a importancia que ten divulgar e manter a memoria democrática para que se coñeza a verdade sobre a ditadura, os seus asasinatos e represión, ante o que está acontecendo hoxe cóas mensaxes da ultradereita.”
Tamén lle convidou a Flor Baena a participar nunha conferencia en Redondela para falar tanto do asasinato do seu irmán como do proceso realizado para o seu recoñecemento como vítima do franquismo.
A rexedora entregoulle o pedrón de Ouro de Redondela e o libro das “Mulleres de San Simón”, como símbolo da importancia da memoria conservada e transmitida polas mulleres de Redondela, “as madriñas” de San Simón mulleres solidarias coas vítimas da represión.
Humberto Baena foi un vigués fusilado en semtebro de 1975, nos úlitmos meses de ditadura, con só 25 anos. Foi acusado sen probas de participar nunha acción mortal contra un policía en Madrid. Nunca se probou a súa participación. Baena era militante do FRAP, Frente Revolucionario Antifascista y Patriota. Como di Flor: “agora pon asesinado cando antes puñan asesino”.
En agosto de 2025 o Goberno de España recoñeceuno como vítima da ditadura, declarou ilegal e ilexítimo o tribunal que o condeou a morte e que foi vítima por motivos políticos e ideolóxicos.



